50 anos da igrexa de Celeiro: agradecementos

Carta do consello parroquial de Celeiro

Señor bispo da Diocese de Mondoñedo-Ferrol, don Luis Ángel de las Heras Berzal; dona María Loureiro, alcaldesa de Viveiro e deputada provincial; dona Isabel Rodríguez, subdelegada do Goberno; representantes da Confraría de Pescadores e de Puerto Celeiro; autoridades e organismos que se comprometeron dun xeito decisivo coas obras de reforma deste templo e promoveron a iniciativa; feligreses e feligresas:

Celebramos este ano o 50 aniversario da edificación desta igrexa que nos acolle hoxe e sempre, medio século de vida comunitaria congregándonos para rezar polos nosos seres queridos, vivos eternamente na saudade do corazón, para reunirnos nun mesmo Camiño, Verdade e Vida, para pedir ou dar grazas a Deus por un mundo e unha parroquia mellor. 'Nesta Casa de Deus que ES LA OBRA DE UN PUEBLO', di a lápida recordatoria da súa construción.

Hoxe é día de dar moitísimas grazas a cantas persoas contribuíron na gran obra do noso templo. Sería inxusto non facer mención especial para don Constantino, quen puxo a primeira pedra, o 22 de setembro de 1956, a pedra fundacional, e para don Vicente Gradaílle, patrón maior que se embarcou na misión de levar a bo porto esta Nao Maior.

Grazas aos párrocos Avelino, Xosé Anxo e Juan Novo Gabeiras que confiaron na colaboración do consello parroquial.

Grazas a tantos veciños e veciñas, ausentes, pero presentes, imprescindibles algúns porque regalaron os terreos para solar da futura igrexa, a tantos celeireses e celeiresas necesarios porque coas súas aportacións nas colectas populares, ben con donativos anónimos, ben dando realce ás celebracións litúrxicas como Sons de Celeiro, ou dalgún outro xeito se implicaron para facer realidade un proxecto que parecía un soño inasumible.

Grazas, Señor, por tantos bos e xenerosos.

Vicente Míguez, membro do Consello parroquial de Celeiro

TE PUEDE INTERESAR…

· Celeiro, con los 50 años de su iglesia (La Voz de Galicia)

· Celeiro celebra este sábado misa por el 50º aniversario de la inauguración de su iglesia (La Voz de Galicia)

+ ÁLBÚM FOTOGRÁFICO

«Grazas a tantos veciños e veciñas, ausentes, pero presentes (…) imprescindibles para facer realidade un proxecto que parecía un soño inasumible»

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas