Nova campá na parroquia de Galdo

A parroquia de santa María de Galdo, no concello de Viveiro, conta, desde o pasado día trinta de decembro, cunha nova campá maior que foi construída no obradoiro Ocampo Campaneiros de Caldas de Reis, única empresa en Galicia que hoxe en día se dedica a fundir campás. 

A nova campá ten un peso de 350 quilos e tivo un custe de 10.381,80 euros que pagou a Comunidade de Montes en Man Común de Galdo, segundo o acordo, adoptado por unanimidade, o pasado vinte e sete de xuño. Leva o nome de Xesús, María e Xosé.

Esta campá vén substituír a unha que fora fundida en Galdo en 1884 polo artesán lucense Juan María de la Sota. Fora colocada na igrexa o vinte e sete de xullo dese ano, día de san Pantaleón. Esta campá, na que, no ano 2014, se detectou unha fendura, ten na enriba da circunferencia superior unha inscrición que pon: "NORO".

Na circunferencia superior hai a seguinte inscrición:

"J.H.S. HOC CIMBALUM MARIE
BARBARA BOCOR NIMBUM FUCO
POPULO VOCO DEFUNCTORUM ORO Y
FESTA QUEHO"


No centro ten unha cruz e a letra A. Na circunferencia inferior hai outro inscrición que di:

"HIZOSE POR SOTA E HIJO SIENDO CURA D. RAMON
M. VILLAR RON Y MASEDA AÑO DE 1884"


Esta vella campá está exposta dentro da igrexa parroquial.

 

FONTE: Revista diocesana DUMIO