Rogelio Cabado, invitado especial na festa de fin de curso da UP Foz

El cantautor zamorado Rogelio Cabado · Autor: pablogira.sanpablo

O vindeiro 1 de maio nas instalacións do Colexio 'Martínez Otero'

A nosa Unidade Pastoral quere celebrar o fin de curso dun xeito distinto este ano.

É certo que aínda quedan moitas actividades por facer, pero como logo empezamos coas comunións e demáis celebracións especiais, queremos ter un gran encontro para dar grazas a Deus por todo o andado neste curso, e para sentirnos máis familia.

Este encontro é para toda a Unidade Pastoral, e para todos os que a formamos, non só para os nenos da catequese. Ímolo celebrar no Colexio Martínez Otero de Foz o día 1 de maio, e contaremos coa presenza do cantautor cristián Rogelio Cabado, que xa estivo entre nós noutras ocasións.

Recorda reservar a data… nuns días comentaremos máis polo miúdo toda a xornada.

Máis info no bloga da UP, premendo aquí