A exposición 'Acollida e hospitalidade no Camiño de Santiago' chega a Mondoñedo

Dentro dos actos da programación especial do Ano Extraordinario Xubilar da Misericordia, Turismo de Galicia organiza a exposición itinerante “ACOLLIDA E HOSPITALIDADE NO CAMIÑO DE SANTIAGO. Fotografías de Manuel G. Vicente”.

O pasado mércores día 22, o bispo de Mondoñedo-Ferrol, P. Luis Ángel de las Heras Berzal-CMF, e o director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, inauguraron a mostra.

A devandita exposición estará aberta ao público en xeral dende o 22 de xuño ao 31 de xullo, de luns a domingo, de 10  a 21 horas no Real Seminario de Santa Catalina de Mondoñedo.