diócesis de mondoñedo-ferrol

 

                                                                                                                   200 números de Amencer

                                                                                                  

 
 
 
       
     
   

A redacción

A xeito de cancela

     
 

"¡¡¡200 números!!! Parece un soño, pero é realidade. Alá no horizonte... lonxe, moi lonxe... aparece o número cero que marcou o punto de arranque da andaina de AMENCER, en abril de 1982.

 

Chegar ó número 200 foi posible gracias ó esforzo e ó traballo de moitos compañeiros nosos que, ó longo destes vinte e seis anos, foron pasando polo Seminario e deixaron a súa pegada, o seu esforzo, o seu entusiasmo en AMENCER, tentando así manter vivo ese facho de cultura que foi e segue a ser o Real Seminario de Santa Catarina de Mondoñedo."

     
     
     
   

Carlos Gómez Iglesias, Rector del Seminario

Chegar ó número 200 é un milagre

     
 

"A recollida desa sabiduría popular que facedes vós ten un valor eneorme; ese material representa a forma que unha cultura, un pobo tivo e ten de dar sentido, interpretar a vida, a morte, o tempo, as situacións vitais e cotiáns e iso é un tesouro que nos enriquece a todos."

     
     
     
   

Vicente Peña Saavedra, Universidade de Santiago de Compostela

Unha luz propia e duradeira na mesta paisaxe da prensa escolar de Galicia

     
 

"Non quixera concluir o saudable e fuxidío exercicio de memoria ao que me conduciron as anteriores reflexións, sen agradecerlles aos responsables de Amencer a invitación que amablemente me fixeron a colaborar neste especial bicentenario que confío, e así llelo desexo con verdadeira paixón, dea continuidade á modélica singradura do seu xornal durante tantos anos coma os que agora leva en activo, para que cando ese prazo se cumpra poder pedir con voz e escrita actualizadas que se manteña durante moitos anos máis. Parabéns, folgos e ilusión na procura de sempre renovados amenceres."

     
     
     
   

Armando Requeixo

Emblema mindoniense e galego de traballo colectivo

     
 

"Máis dun cuarto de século, douscentos números, gran cantidade de especiais sobre escritores, abondosas entrevistas cos máis sobranceiros personaxes da cultura galega das últimas décadas, ducias e ducias de recolleitas sobre literatura de tradición oral... Amencer non só é unha revista, é tamén un emblema mindoniense e galego do traballo colectivo a favor dunha Terra e unha Lingua á que se quere e homenaxea a través dos seus autores, dos seus cantos e contos. E esa deliciosa aventura cuartosecular que se chama Amancer ten un temoeiro sen o cal non sería posible a singradura: Félix Villares Mouteira. Para el e para os moitos alumnos que ao longo destes anos fixeron posible que a revista alcanzase estes rufos douscentos números van estas liñas en homenaxe, que só agardan poder reiterarse na desexada chegada de novos centos."

     
     
     
   

Marina Mayoral

Exemplo de intelixencia, constancia e xenerosidade

     
 

"Amencer é unha digna continuadora da tradición cultural desa vila onde probablemente Fray Antonio de Guevara escribiu o seu Menosprecio de corte y alabanza de aldea, unha vila que xa no século XV tiña un dos prelos mási antigos de Europa. E é tamén un exemplo do que se pode facer con intelixencia, constancia e xenerosidade. Que sexa por moitos anos."

     
     
     
     
    e ademáis...     especial 25 aniversario
   
   
   
   
 
 

                       (c) diócesis de mondoñedo-ferrol                             www.mondonedoferrol.org                                      2007                                   mcs@mondonedoferrol.org