artículos y opinión

    o advento        

                                        

 
 
       
 

O Advento

Antonio RODRÍGUEZ BASANTA

Diario de Ferrol, 7 de diciembre de 2008

     
     
 

 

Xa fai días que as nosas rúas se están adornando para o Nadal. A pesar da crise a xente non renuncia a facer festa. Hai unha razón: o ser humano non pode vivir permanentemente tenso e angustiado; necesita tempos e espacios de desafogo para dar curso á espontaneidade.

Estas festas son unha oportunidade irrenunciable. Cabe preguntarse: que se celebra?, só uns días de lecer, de reunión familiar, de desafogo? Moitas veces escoitase como máxima preocupación “quen vai vir”, “que se vai comer”, “que hai que comprar”... E aí queda case todo. Non me estraña que para algúns estes días resulten tristes e ata lles teñan certa aversión.

Non hai outro xeito de preparar e celebrar o Nadal? Os cristiáns estamos convocados a vivir unha preparación distinta. É o tempo de advento: case catro semanas para revivir e aquilatar a esperanza que nos dá aquel, que sendo Deus e sen deixar de selo, se fixo un de nós, o “Enmanuel”, o Deus connosco para seguir con nós, no irmán que nos necesita, no evanxeo que se escoita e se acolle, na eucaristía que se celebra... El non veu condenar nin rexeitar, senón salvar e buscar o que estaba perdido.

Velaquí o motivo dun gozo que ninguén nos poderá quitar. Por iso non nos conformamos coas luceciñas, nin co papá Noel arranxando polas paredes, nin coa árbore de Nadal. Nós poñemos o Belén e ata nas fiestras e nas fachadas a imaxe do Neno Xesús. Porque é Nadal.

 

     
   
   
   
 
 

                       (c) diócesis de mondoñedo-ferrol                             www.mondonedoferrol.org                                      2008                                   mcs@mondonedoferrol.org