diócesis de mondoñedo-ferrol

                      

                                                                                                                                                                    artículos y opinión

                             

 
 
 
       
 

Camiño de Begonte,

en obrigada romaxe

Félix VILLARES MOUTEIRA

El Progreso, 30 de diciembre de 2007

 

Ganador del XXXII Certamen Periodístico

"Begonte e o Nadal" (2007)

     
     
 

FRAGMENTO

"Un día do mes de nadal... Son as nove da mañá... unha mesta néboa tece un manto sobre Begonte do Belén. A néboa sube do río Ladra, que pasa manseliño e caladiño para non espertar ó Neno Xesús que a Virxe María anaina no seu colo, no Portal do Belén Electrónico. Todo está en silencio, todo é paz e tranquilidade...

Arestora, nunha casa calquera, de calquera parroquia da Mariña de Lugo, Xurxo, un neno de oito anos -¡quen sabe o que soñou esta noite!- érguese e vaise para a habitación dos avós, Antón e Pepa, meténdose no medio deles, como fai moitos días xa que os seus avós cóntanlle contos... Pero hoxe está inquedo... Non sabe o que lle pasa... Algo lle rebule por dentro... Hoxe vai con seus avós ata Begonte para ver o Belén mási fermoso do país dos dez mil ríos e dos mil vales.

O Xurxo, cheo de ledicia e sen ningún sono -hoxe non houbo que chamalo-, salta da cama e os avós tamén. Prepáranse, almorzan e, co traxe dos días de festa, o avó ponse ó volante do coche e os tres collen a estrada cara a Begonte do Belén.

Case mediodía... A densa néboa, que cubría a Terra Chá, vai esvaendo e deixa paso a un fermoso día de sol. En Begonte do Belén hai moito barullo: xentes de toda Galicia e mesmo de fóra achéganse en obrigada romaxe ata o Centro Cultural José Domínguez Guizán, onde, desde hai trinta e seis anos, está instalado o Belén Electrónico.

Xurxo e os seus avós chegan a Begonte. O primerio que fan é ir ata a capeliña do cemiterio parroquial e alí rezan ante a campa do cura fundador do Belén Electrónico, José Domínguez Guizán, do que Antón fora compañeiro no Real Seminario Santa Catarina de Mondoñedo.

Logo driríxense ata o Centro Cultural para ver o Belén Electrónico, do que Xurxo tanto oíra falar. Entra. Antón, o avó, dille a Xurxo que o mási importante é o Portal onde se reproduce o misterio central do Nadal: o nacemento de Xesús, a palabra eterna de Deus, que se fai un de nós. Alí están Xosé e María con Neno Xesús, e o boi e a mula que lles dan calor..."

- Mira, Xurxo -di o avó - neste Belén represéntase un día na vida de calquera aldea da Terra Chá de fai uns anos, desde o amencer ata a noite e tamén varios fenómenos atmosféricos: a neve, a treboada... As construccións - casas, alboios, muíños, fornos, alpendres, palleiras... - son as propias desta comarca. Olla tamén os diversos oficios artesanais - algúns hoxe xa desaparecidos, pero que ata fai poucos anos tiñan unha función importante na vida das nosas aldeas: ferreiros, sarradores, carpinteiros, forneiras, oleiros, pescadores, fiadoras, cesteiros, muiñeiros, gadañeiros, zoqueiros, sachadoras, picadores das pedras dos muíños... Aparecen ademais nenos xogando no parque e mulleres tendendo a roupa no tendal, muxindo as vacas, cribando no trigo..."

     
   
   
   
 
 

                       (c) diócesis de mondoñedo-ferrol                             www.mondonedoferrol.org                                      2008                                   mcs@mondonedoferrol.org