artículos y opinión

    existe Deus?        

                                        

 
 
       
 

Existe Deus?

Antonio RODRÍGUEZ BASANTA

Diario de Ferrol, 2009

     
     
 

Unha boa pregunta, saudable e clarificadora. Moi actual. Tanto que se está a poñer en cuestión a súa existencia. Nestes días a publicidade dalgúns “buses ateos” das cidades de Londres, Barcelona e Madrid, di: “Probablemente Deus non existe. Deixa de preocuparte e disfruta da vida”.

A negación de Deus non é de hoxe. Xa nos comezos da modernidade se puxo en cuestión a súa existencia, ou ben afirmando as leis da natureza e o universo, ou desde a defensa do mesmo home e a súa autonomía: “o home é o ser supremo para o home” (Karl Marx).

Xa os cristiáns evanxélicos de Madrid saíron á defensa de Deus, coa contra-publicidade “Deus, si existe. Disfruta da vida en Cristo”. Con todo, o eslogan ateo non nos fai mal aos crentes. É unha boa ocasión para que nos preguntemos si de verdade Deus existe para nós, que representa, como inflúe nas nosas vidas, que imaxe estamos a dar del, etc...

E aquelo do concilio Vaticano II cando afirma que “na orixe do ateísmo poden ter parte non pequena os crentes (...) porque velaron máis que revelaron o verdadeiro rostro de Deus” (Gaudium et spes, 19). Como tamén máis adiante di: “Todo home resulta para si mesmo un problema non resolto, percibido con certa escuridade (...) A este problema só Deus dá unha resposta plena e totalmente certa” (21).

Si, Deus existe. Non o podo demostrar, pero a certeza da súa existencia é para min e para moitos unha experiencia “de sentido” necesaria, gratificante e liberadora.

     
   
   
   
 
 

                       (c) diócesis de mondoñedo-ferrol                             www.mondonedoferrol.org                                      2009                                   mcs@mondonedoferrol.org