diócesis de mondoñedo-ferrol

                      

                                                                                                                                                                    artículos y opinión

                             

 
 
 
       
 

Mi Casa

Álvaro PORTO DAPENA

Diario de Ferrol, 29 de julio de 2007, p.11

     
     
 

"Segundo se informou oportunamente dende as páxinas deste xornal, o pasado día 28 de xullo Mi Casa, a residencia de anciáns -ou, como hoxe, eufemísticamente, se prefire dicir, da terceira idade- de Canido, estivo de festa. Xa por terceiro ano consecutivo residentes e familiares tivemos a honra de celebrar xuntos "o día das familias", unha sinxela pero entrañable e simpática mestura do relixioso co´lúdico e -non podía faltar-, tamén, de paso, co gastronómico.

Na parte relixiosa tivemos o placer de participar -eu mesmo como lector- nunha emotiva Eucaristía, presidida nada menos que polo noso bispo da diócese, monseñor Sánchez Monge, con quen celebraron os reverendos -bos e queridos amigos meus- Antonio Costoya e Ramón Otero; tampouco debo silenciar a inapreciable contribución de Sor Matilde ó acto coa súa persistente incitación ó canto colectivo (non esquezamos que quen canta reza dúas veces) e, como broche de ouro, cos sentidos versos que nos leu ó remate da misa.

Logo veu o tirón de orellas: o vicepresidente de "Mensajeros de la Paz" -asociación da que depende esta residencia-, D. Antonio Rodríguez Pena, primeiro, e despois o propio señor bispo, recordáronnos ós que temos algún familiar en Mi Casa a obriga que sobre nós pesa de visitar e acompañar o máis posible ós nosos maiores, ós que, obviamente, non levamos alí para os "aparcar" e inmediatamente esquecernos do asunto, senón, moi pola contra, para os ter máis presentes que nunca. Eles agora necesítannos, se cadra, máis que antes, porque -estou completamente de acordo- as necesidades vitais dun ser humano non se reducen ó mero coidado material, que en Mi Casa teñen de sobra asegurado...[...]"

     
   
   
   
 
 

                       (c) diócesis de mondoñedo-ferrol                             www.mondonedoferrol.org                                      2008                                   mcs@mondonedoferrol.org