|
Todos recoñecemos o papel das mulleres na nosa Igrexa, e tamén na nosa parroquia. Sen elas non vai adiante ningunha das nosas actividades ou celebracións: liturxia, catequese, grupos de reflexión, actividades benéficas, asociacións...
Por iso está ben que lles adiquemos un recordo garimoso e agradecido, e que lles deamos un papel máis relevante na vida da Igrexa. "Son como as "columnas" que non se ven, pero que contribúen a sustentar a institución eclesial". "É imposible imaxinar unha Igrexa sen a aportación feminina" (Xoan Paulo II).
Foi o Concilio Vaticano II o que recoñeceu tamén a riqueza que supón a participación das mulleres, adicándolles unha das súas mensaxes máis expresivas:
"Chegou a hora en que a muller adquire no mundo unha influencia, un peso, un poder xamáis acadados ata agora. Por iso neste momento as mulleres, cheas do espírito do Evanxeo, poden axudar tanto a que a humanidade non dacaia. Mulleres do universo todo, a vós está confiada a vida neste momento tan grave da historia, a vós toca salvar a paz no mundo."
Esta mensaxe tan solemne podémola aplicar sen dúbida ás mulleres que "aquí e agora" nos axudan a construir e consolidar a nosa comunidade parroquial. Son "aquí e agora" o mellor regalo de Deus. |