artículos y opinión

       Uxío García Amor

                                                                                                 

 
 
       
 

Uxío García Amor

Antonio MEILÁN

El Progreso

Jueves, 5 de marzo de 2009

p. 15

     
     
 

"Don Uxío García Amor non pertence a este mundo. Se vivira o Mestre Mateo, a Don Uxío tamén o metería no Pórtico da Groria da catedral de Santiago de Compostela, formando parte dos anxos, arcanxos e querubíns do monumento, probablemente dirixindo a todo un coro anxelical.

Don Uxío é un querubín, esto é, un espíritu celeste, un anxo da primeira xerarquía. Leva no sangue e na alma o ritmo da música e da poesía. Foi director de moitas agrupacións corais e escolanías e, de cando en vez, obséquianos con fondas e agarimosas palabras en forma de versos. Por esta razón, tamén lle otorgaron unha mención no premio Letras de Bretaña deste ano, promovidos polos concellos irmanados de Mondoñedo e Ferrol.

Alá pola década dos sesenta, naqueles anos oscuros nos que estaba instaurada a dictadura franquista, impartía unha asignatura no seminario menor da cidade episcopal que se chamaba Preceptiva Literaria e, por primeira vez, os seus alumnos tivemos a posibilidade de escoitar na súa melódica, armoniosa e romántica voz os versos dos poetas Rosalía de Castro e Eduardo Pondal, e, tamén por vez primeira, oímos falar de Curros Enríquez e Valentín Lamas Carvajal, e deste xeito, sen querer, nos nosos espíritos acabou xermolando o amor pola nosa patria.

Hai que recoñecer que a Uxío García Amor debémoslle as nosas arelas a esta terra sagrada de reis, fifalgos, irmandiños e poetas. "Moito obrigado, Mestre!" din os nosos veciños.

Despois de pasar por diversos postos de carácter burocrático, canonxías e docencia, entre outros, estaba en disposición de elixir calquera cadeira de cor púrpura, pero él preferiu afincarse na terra chá, ao carón do pobo, misturado co pobo, coma un máis do pobo, para continuar dando exemplo como somente fan os grandes elixidos.

O dito, meus leitores, Don Uxío garcía Amor non pertence a este mundo, senón ó dos anxos, arcanxos e querubíns."

     
   
   
   
 
 

                       (c) diócesis de mondoñedo-ferrol                             www.mondonedoferrol.org                                      2009                                   mcs@mondonedoferrol.org