A música no noso Seminario

"Nese aparato poñíamos algo de música clásica e, como eu iba tódolos meses a Ferrol, traía as últimas novedades. Así entraron no Seminario Menor os Beatles e os primeiros “singles” de Juan Manuel Serrat (La matinada), Masiel (Rosas en el mar), Victor Manuel (El abuelo Víctor), Mari Trini, Los Pekenikes, Atahualpa Yupanqui..."

Digo “no noso Seminario” porque non vou falar de toda a historia musical do Seminario de Mondoñedo, senón dos meus recordos musicales aproximadamente desde mediados dos 40 a mediados dos 60, agás cinco anos de ausencia.
 

O que nos ensinaban

O ensino da música no Seminario consistía nun pouco de teoría e na lectura e solfeo progresivamente máis difícil. Casi nunca pasábamos dos dous ou tres sostenidos e outros tantos bemoles. Pasaba que moitas veces aprendíamos as pezas de memoria e ahí quedábamos.

O que era chusco era a situación dos que “non tiñan oído”, que pasaban todos a formar parte dunha especie de limbo, á que chamábamos burlonamente "A Polifónica". Con un pouco de  técnica e un moito de paciencia, moitos podían ter sido educados para entonar e cantar, sendo recuperados para o eido musical.                                                                                

Tivemos como métodos de teoría e solfeo primeiro o de Santiesteban, que logo deixóu paso o definitivo Solfeo de los solfeos. O Canto Gregoriano aprendíamos a teoría elemental polo Liber usualis, editado polos monxes de Solesmes, con todos os domingos e festas do ano. En canto a tocar, si tiñas un pouco de aficción, buscabas algún armoniño dos que había aquí e acolá, ou na habitación de D. Jaime, e sacabas unhos acordes para acompañar cantos sinxelos. Un destes “organistas” foi D. Antonio Mª Rouco Varela, que tiña moito adelantado porque tiña piano na casa. Outro que ten tocado moito era Antonio Seijas, que iba ás clases de piano dunha señorita tamén en Vilalba. Pero o armonio grande estaba normalmente reservado a D. Jaime, organista do Seminario hasta que o foi tamén da Catedral, e os teólogos músicos, coma D. José Ferro, D. Alfonso de la Torre ou D. Pastor Castro Montero. Había un piano “de batalla” por donde pasou moita xente mazando tecla diante dun método, e outro bastante bon,que estaba pechado no salón da rectoral. Neste piano déranos un concerto renombrado Ramón Luis Chao Rego. Eu só recordo duas pezas que me gustaran moito: “El Lago de Como” e o “Minueto de Paderewski”.
 

O que cantabamos

Cantábase maiormente música relixiosa, nas misas, na Exposición, no mes de maio, o Corazón de Xesús e nas novenas: S. Xosé (“Excelso Patriarca”), Sto. Tomás (“Salve sol refulgente de Aquino”), o Beato Ávila (“Apóstol de Andalucía”),etc., etc... Os cantos eran ñoños e melosos e moitos triunfalistas como pedía a época. Agás se salvaban os do P. Otaño S.J. ou os hirmáns Iruarrízaga, claretianos. A medida que nos acercábamos ó Concilio foron surxindo outras músicas de superior calidade: primeiro Goicoechea-Arrondo, despois Aragüés e, o mismo tempo ou despois, Miguel Manzano, os Salmos de Gelineau e os excelentes de Lucien Deiss (que ainda perduran)”. Hasta o mismo Cristóbal Halfter nos deixóu unha “Misa de la Juventud”, encargo da OJE, á que pertenecen “Anunciaremos tu Reino, Señor”, que se popularizou, e a fermosa pero menos coñecida “Beberemos la copa de Cristo". Despois aparecerían Juan Antonio Espinosa e outros moitos...

Nas veladas e paseos cantábamos cantos populares galegos e de outras rexiós, a mayoría sacados das publicaciós beneméritas de “Museo Catequsítico Diocesano” de Logroño, que tamén tiña villancicos e cantos de Europa. Cando viñera de Munich D. Antonio Mª Rouco vendérame un tocadiscos “Dial”,que dira moito xogo. Tamén trouxera u disco mui curioso: por una cara tiña un discurso de Hitler, que mismo parecía que ladraba, (o inferno), e pola outra cara tiña o famoso discurso de Xoán XXIII na noite da apertura do Concilio: “guardate anche la luna…” ( o ceo). Nese aparato poñíamos algo de música clásica e, como eu iba todolos meses a Ferrol, traía as últimas novedades. Así entraron no Seminario Menor os Beatles e os primeiros “singles” de Juan Manuel Serrat (La matinada), Masiel (Rosas en el mar), Víctor Manuel (El abuelo Víctor), Mari Trini, Los Pekenikes, Atahualpa Yupanqui, etc...
 

Música coral: a Schola

Unha das experiencias mais agradables que pode haber e a de cantar dentro de unha coral: sínteste como mergullado na música que emites e recibes. Tiven por primeira vez esa sensación cantando de tiple na Misa Pontificalis de Perossi. A Schola estaba repartida o longo dun corredor que había por riba do coro dos canónigos. A min tocábame pegado o órgano, que tocaba o vello D. Mariano, e escapábanseme os ollos cara un rexistro que poñía “pajaritos”. Debía de ser un Corpus ou un día da Inmaculada e dirixíanos D. José Suárez Cazón. Despois a Schola tuvo outros directores: D. Felipe Bangueses, D. Antonio Seoane, que intentóu ensaiarnos a Misa de L.Refice (“trompairí  rirurirurá…),  D. Alfonso de la Torre,  D. Secundino Balseiro,  e algún mais que me quedará no tinteiro. Cantábamos polifonía clásica,sobre todo na Semana Santa: o grande T.L. de Victoria cos seus responsorios: “O vos omnes”, “Judas mercator”, “Una hora”, “Tenebrae”, sin esquencer o “Popule meus” e a súa “Ave María”, que daba moito xogo. Recordo outros como “Cantate Domino” de Croce  e “Sacerdos et Pontifex” (¿?). Moitas partituras sacábanse da revista Tesoro Sacro Musical, que por aquél tempo dirixía o claretiano P. Tomás de Manzárraga, o mesmo que organizaba os cursos de verán sobre gregoriano e polifonía clásica.

Nas chamadas “veladas literario musicales” cantábase de todo: galegas, comenzando polo mindoniense Pascual Veiga (Alborada), Juan Montes (“Negra sombra”), Torres Creo (“Fror nova”, ”San Campio”), Paz Hermo (“O consolo”), Castro-Chané, etc. E non galegas como “L´Empordá” de Morera, “Romance del Conde Olinos”, o humorístico “Venerabilis Barba”, atribuido a Mozart, e moitos máis. Con D. Alfonso de la Torre hasta nos atrevimos co “Coro de Peregrinos” do Tannhäuser de Wagner. Costáranos moitos ensaios.

Acórdome ahora de que pouco despóis de entrar no seminario chegara D. Enrique Cal Pardo, traendo novos aires de Comillas. Dera o golpe ensaiando a un grupo do Seminario Menor una zarzuela didáctica “El Arte Musical”. Tamén nos ensaiba cousas do P. Ignacio Prieto, S.J. como “Flor de té” ou “Adiós me dijo llorando”, preciosas.

Pero o que trouxo moitas cousas de Roma foi D. Eugenio (daquela aínda non se chamaba Uxío). Tróuxonos poesía, tróuxonos o cine, e tróuxonos moitas, moitas músicas. Se a alguén daquel tempo lle sona algo de música clásica, seguramente se debe á que poñia él todas as mañás pola megafonía para despertarnos. El recibéu moito pero déuno todo, e aínda o sigue dando. E que siga moito tempo.

______________________________________

Dedícolle esta especie de crónica ao meu compañeiro de curso, amigo e rival (pelexas-secretiños, pelexas-secretiños), Fernando Gómez Castro, con quen tantas veces teño cantado e falado de música.  Ahora vive o seu retiro en Cartagena.

Ferrol, 27 de agosto de 2015, festa de Santa Mónica.

Publicado: 27/08/2015: 7534
Rosendo Yáñez Pena

A Pedra (1935) - Sacerdote - Capellán de la residencia 'Mi Casa'-Ferrol