Mandiá: poñamos vida na vida dos nosos maiores

"Nós, só en Mandiá e Marmancón- Ferrol, xa somos 150 venerábeis autumnais. E imos celebralo comunitariamente, coma cando eramos mozos nos nosos rueiros"

Amigo xa chega a outonía estacional e metereolóxica. E a outonía vital. Ai! Nesa, moitos xa estamos vitalmente metidos e con ánimos medrados desde hai lustros.

Non vedes de branco “lustroso e lustral” as nosas canas? Estamos na nosa primavera. E isto cómpre celebralo con festa comunitaria.

Nós, só en Mandiá e Marmancón- Ferrol, xa somos 150 venerábeis autumnais. E imos celebralo comunitariamente, coma cando eramos mozos nos nosos rueiros. Por iso cho comunicamos a tempo. Porque é comunitario. E felicítanos que ben o merecemos. Nós xa o estamos a facer contigo e “contiga”. Unha aperta.
 

FESTA DOS MAIORES
7 OUTUBRO 2017 - 5h. TARDE
MANDIÁ: IGREXA PARROQUIAL

• QUEREMOS ENCHER DE VIDA A NOSA PARROQUIA
• POÑAMOS UN RAMO DE VIDA NA VIDA DOS MAIORES
• UNHA HOMENAXE PARA OS NOSOS ANCIÁNS E ANCIÁS
• UN AGRADECEMENTO EMOCIONADO AOS NOSOS MAIORES
• AOS ANCIÁNS MÁIS ANCIÁNS. TENDELO BEN MERECIDO

OBXECTIVOS
• Celebrarmos a vida dos vivos e a memoria dos anteriores
• Saírmos das casas para sabermos uns dos outro
• Vérmonos fisicamente
• Non perdérmonos as caras
• Unir o mundo dos maiores e o mundo dos novos
• Festexarmos xuntos e falármonos con paz e tranquilidade
• Volver á vida da parroquia aínda que só sexa por un día
• Recordarmos agradecidos aos nosos anteriores
• Se nos encerramos perdémonos de vista e perdemos moita vida. Somos unha familia e queremos celebralo

PROGRAMA: “E POLO ROSARIO, UN ROSARIO DE ZONCHOS
• A CONVIVENCIA DA OUTONÍA
• FESTIÑA E DIVERTIMENTOS
• MERENDA E MAGOSTO
• DESPEDIDA

VINDE Á FESTA!
 

Publicado: 14/09/2017: 1153
Xaquín Campo Freire

Roca (1937) - Sacerdote - Enfermero - Voluntario de Pastoral Penitenciaria

@XaquinCampo