Vivir na Casa é un servizo de axuda a domicilio a anciáns do rural. Actuamos en 5 concellos da Diocese: As Pontes, Xermade, Muras, Vilalba e Abadín. Comeza o seu funcionamento no ano 2000.
Obxectivos
Os principais obxectivos do Programa Vivir na Casa son os seguintes:
-
Ofrecer un servizo que é insuficiente ou inexistente na zona, non cuberto pola administración pública nin por outras institucións.
-
Previr internamentos non desexados nin necesarios, procurando a permanencia da persoa no seu entorno habitual.
-
Promover recursos que diminúan o illamento das persoas maiores.
-
Cubrir carencias afectivas, físicas e sociais.
-
Facilitar o acceso aos diferentes recursos e servizos.
-
Promover a autonomía persoal e paliar as situacións de dependencia.
É un programa destinado a proporcionar axuda no fogar a anciáns que carecen de recursos, que se atopan illados e/ou que non posúen apoios sociofamiliares para desenvolver correctamente as funcións básicas da vida diaria. Así mesmo, xa que estamos falando de actuacións no medio rural,
Vivir na Casa suple notablemente as alarmantes carencias que existen en servizo de axuda a domicilio, información, asesoramento, etc, nos departamentos de servizos sociais de atención primaria dos Concellos.
Tipos de atención
Préstanse atencións de tres tipos: atencións persoais (atención hixiénico-sanitaria básica), atencións psicosociais (estimulación cognitiva, prevención do deterioración, xestións, acompañamento dentro e fóra do fogar, etc.) e tarefas domésticas (limpeza e coidado do fogar). Traballar para propiciar a permanencia dos anciáns nos seus fogares en condicións de dignidade.
Pero sobre todo
Vivir na Casa é un servizo de acompañamento persoal; se importantes son os coidados persoais, psicosociais e a limpeza do fogar, non o é menos a compañía, a charla e a loita contra o illamento. Facer que os nosos maiores sintan a calor dunha conversa ou a proximidade de quen se preocupa polo seu benestar.
Outra das peculiaridades non menos importante de
Vivir na Casa é o enfoque de xénero. As auxiliares de axuda a domicilio son sempre mulleres do rural, normalmente con dificultades para o acceso á vida laboral, con cargas familiares, etc. Cáritas Diocesana ofrece postos laborais que permiten a conciliación da vida laboral e familiar e formación continuada para a correcta actualización profesional.
Durante o ano 2007 estamos prestando servizo en
48 domicilios na totalidade dos 5 concellos; o
número de usuarios directos é de 67 persoas.
Outras accións
Paralelamente ao servizo de axuda no fogar,
Vivir na Casa implementa outras accións complementarias e moi necesarias:
-
Préstamo de axudas técnicas.- Cáritas Diocesana cede en calidade de préstamo nos casos nos que quede xustificada a necesidade, material ortoprotésico non financiado polo Servizo Galego de Saúde; este material ten un custo económico dificilmente asumible polos beneficiarios do programa de atención a persoas maiores. O material de préstamo son camas articuladas, grúas para a mobilización, bancos de bañeiras e asentos de WC. O préstamo realizase por tempo indefinido, mentres non cese a causa que motivou o dito préstamo.
-
Programa “Co Alzheimer, xunto aos meus,na miña casa”.- Programa de estimulación cognitiva a doentes de Alzheimer e outras enfermidades neurodexenerativas. Prestamos ademais apoio familiar, adestramento en habilidades para afrontar a enfermidade; apoio para os coidadores principais, etc.
Recursos humanos
O persoal técnico asignado a
Vivir na Casa en 2007, foi o seguinte: