Encontro Diocesano de Comezo de Curso: convocatoria

Haberá un servizo de acollida e acompañamento para os nenos

Terá lugar o vindeiro 26 de outubro no Seminario de Mondoñedo, unha xornada na que todos os diocesanos estamos chamados a facer aportacións, poñer os nosos acentos e participar activamente: #ÉTempoDeDiocese

Aos sacerdotes, relixiosos, relixiosas e laicos:

O vindeiro sábado, día 26, no Seminario de Mondoñedo, coma cada ano ao comezo de curso, o noso bispo convócanos ao ENCONTRO DIOCESANO DE COMEZO DO CURSO para presentarnos e compartir connosco a programación pastoral deste ano, na que todos en maior ou menor medida estamos chamados a facer as nosas aportacións, poñer os nosos acentos e, sobre todo, participar activamente.

Este é o horario da xornada, que rematará a mediodía:

10:30h.- Acollida/café
11:00h.- Oración (salón de actos)
11:15h.- Intervención do noso bispo
11:30h.- Presentación da programación do curso pastoral
11:45h.- Reflexión sobre a dimensión comunitaria da fe
12:30h.- Reunión por grupos (claustro e aulas)
13:30h.- Descanso
13:45h.- Oración de envío (na capela maior do Seminario)
14:15h.- Xantar compartido (comedor do Seminario)

Como estamos a facer nestes últimos anos, o “xantar compartido” supón que traemos a comida e ata a podemos compartir, o que favorece máis aínda a nosa convivencia e expresa os nosos desexos de fraternidade.

Animo a participar aos párrocos acompañando aos seus fregueses e ás delegacións de cada vicaría, así como, ás congregacións relixiosas, movementos, asociacións, confrarías, etc...

Haberá tamén un servizo de acollida e acompañamento para os nenos e adolescentes que participen neste encontro.

Agardámoste. Unha aperta.

Antonio Rodríguez Basanta, vicario xeral de Mondoñedo-Ferrol

Servicio Diocesano de Comunicación

@mondonedoferrol