|
Carta de presentación
del nuevo delegado e inauguración del curso catequético 2011-2012
Benqueridos sacerdotes e
catequistas:
Un cordial saúdo ás
portas de iniciar a tarefa da catequese neste novo
curso, que ven marcado
por un tema ilusionante: A PALABRA DE DEUS, sempre central na nosa
labor de evanxelizadores.
O noso Bispo
encomendoume a Delegación tomando o relevo de Xosé
Manuel Carballo, que
animou con dedicación e bo humor, estes derradeiros
anos, o que todos lle
agradecemos de corazón.
A catequese é o elemento
fundamental da iniciación cristiá e ten como
fin por en comuñón con
Xesucristo, como di o
Directorio General para
la
catequesis
de 1997, nos
números 66 e 80; ese é o seu horizonte último, pero
estamos a vivir unha
certa sensación de fracaso e cansazo, que nos chama a
revisar o que facemos e
a buscar camiños novos para novos tempos.
A Delegación debe ser
motor de iniciativas, estímulo para a nosa labor de
catequistas, proposta de
novas formas de pedagoxía da fe, espacio de
formación e taller de
espiritualidade para os que dan razón da súa fe ante
iniciados. Isto é o noso
horizonte que queremos conseguir coa vosa axuda.
Para empezar ben,
invitarvos a presentación do novo curso catequético:
·
· FERROL,
venres 7 de outubro, ás 5 da tarde na Domus.
·
· VILALBA,
sábado 8 de outubro, ás 11 da mañá no Centro
Parroquial.
·
· VIVEIRO,
sábado 8 de outubro, ás 5 da tarde no Centro Parroquial de Area.
Ata daquela encomendar a
nosa labor a Xesús sembrador para que
produza o cento por un (Mt
5, 8).
Carlos Miranda Trevín
Materiales para el
nuevo curso
Catálogo 2011-2012

 
Carta ás Familias
desde os Secretariados de Catequese
Queridos pais e nais:
No seu momento pedistes
o bautismo para o voso fillo, ou para os vosos fillos, no desexo de
facelos cristiáns.
Felicitámosvos, xa que
esa decisión expresa canto valorades a fe que vós recibistes e que
quixestes facelos partícipes dese gran tesouro que ven de Deus.
Se chegou ás vosas mans
esta carta e a que estades lendo agora, ben seguro que é porque,
conforme aos compromisos expresados naquel momento do bautismo,
queredes seguir educándoos na fe para que medren como membros vivos
da comunidade cristiá.
Desde os Secretariados
de Catequese de Galicia animámosvos a facelo e pretendemos axudarvos
ofrecendo orientacións e materiais axeitados e eprobados polos nosos
bispos; pero non podemos nin queremos substituírvos en tan nobre
tarefa.
A catequese é o medio
por excelencia que a Igrexa nos propón para inicar e educar na fe,
por iso é tan importante a misión dos catequistas e dos sacerdotes;
pero ninguén pode suplantar á familia nin facer no seu lugar a
misión que lle corresponde.
Da mesma maneira que vos
preocupades pola formación humana, cultural, artística e deportiva
dos vosos nenos e mozos tamén é imprescindible a vosa preocupación
pola súa formación na fe.
Esa formación, ben
sabedes que non pode reducirse a que aprendan unhas cantas cousas,
porque non é só unha aprendizaxe, senón unha verdadeira educación.
Polo mesmo, non chega
con que asistan a algunhas catequeses para poder celebrar a festa da
Primeira Comuñón. É necesario todo un longo proceso orientado a irse
educando na fe, aprendendo as nosas verdades, si, pero tamén,
participando nas nosas celebracións e vivindo como verdadeiros
cristiáns.
Esta educación relixiosa
completa debe ser o resultado da colaboración conxunta e harmónica
de comunidades parroquiais, cos seus catequistas, de profesores de
relixión e das familias.
Sabemos ben que non son
poucas as dificultades nin os esforzos necesarios por parte de
todos; pero teremos que tratar de sumar forzas e non de poñernos
atrancos uns aos outros se verdadeiramente estamos convencidos de
que paga a pena.
Cremos que a paga porque
é moi grande sabernos fillos de Deus, chamados a vivir como bos
irmáns e, xuntos, transformar o mundo por amor. Ofrecendo a nosa
colaboración, queremos contar coa vosa axuda e pedimos que non nos
falte a forza do Espírito.
Con moito agarimo, os
Secretariados de Catequese de Galicia
|