|
"A Institución da
Eucaristía contén un misterio profundo que trascende a nosa
capacidade de comprensión e as nosas categorias. É o misterio de fe
por excelencia. Deste misterio nútrese sen cesar a Igrexa, pois
del se obtén tanto a súa vida coma a súa razón de ser". (Texto base
do IL Congreso Eucarístico Internacional, Quebec - Canadá, 15-28 de
xuño de 2008).
Obxetivos e accións
A Eucaristía sacramento
de salvación. Nela, o Deus vivo fai renacer sen cesar á súa Igrexa coma
pobo reunido, coma Corpo e Espírito de Cristo, coma comunidade vivinte que
é, ó mesmo tempo unha soa persoa mística
con Él.
Obxetivos específicos
1er Obxetivo:
A Palabra de Deus na
celebración da Misa: para que a Palabra de Deus realice de
verdade nos corazóns o que se escoita cos oídos, é necesaria a
acción do Espírito Santo; coa súa inspiración e axuda, a Palabra de
Deus convértese no fundamento da acción litúrxica e en axuda
para a vida.
Accións:
* Introducción ó
Leccionario.
* Oficios e Ministerio na celebración da liturxia de la Palabra.
* A Biblia: fundamento da
Palabra de Deus (formación bíblica).
* Introducción á Lectio
Divina na vida pastoral (formación).
2º Obxetivo:
Iniciación cristiana:
promovela iniciación cristiana como itinerario sacramental. A meta é sempre a confesión da fe
e a plena e conscente integración do bautizado na comunión e na misión da
Igrexa.
Accións:
* Promovela divulgación do Ritual da Iniciación cristiana.
* Publicar diversas
celebracións nas etapas do catecumenado.
* Coordinación coas
demáis delegacións da nosa Diócese. |