diocese de mondoñedo-ferrol

 

                                                                            delegación diocesana de mans unidas           

                         

 
 
 
   

 

   
   
   
  datos de interese   calendario curso 2007-2008 Manos Unidas
 

 

Delegada

Mª Isabel González-Rico Alonso

c/Magdalena153, 1º D, 15402, Ferrol

981 300 318

ferrol@manosunidas.org

 

Consiliario

Rvdo. D. Ramón Otero Couso

 

 

 

 del 17 al 30 de junio de 2008

Rastrillo benéfico

Taller de artesanía y trabajos manuales del

Club de Jubilados de Caixa Galicia de Ferrol

Inauguración, día 17 a las 12:00h.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   
   
   
   
 

últimas noticias

   

(6 de xuño de 2008)

 

 

 

Anciño benéfico

Club de Xubilados da Caixa Galicia de Ferrol

do 17 ao 30 de xuño de 2008

 

Organizado polo taller de artesanía e traballos manuais do Club de Xubilados de Caixa Galicia en Ferrol, o día 17 ás 12:00h. terá lugar a inauguración dun anciño benéfico en favor de Mans Unidas (Proxecto de Mozambique). Estades todos invitados!

   
   
   
   
 

Sinceramente, ¡GRACIAS!

Con motivo da Xornada Nacional de Mans Unidas

 

Desde esta páxina queremos dar as grazas a toda a Diocese, aos socios, aos que contribuíron cos seus donativos e aos que participaron na Colecta Parroquial do 10 de febreiro, día da Xornada Nacional de Mans Unidas.

Grazas a todas estas achegas económicas, puidemos terminar o proxecto de Bolivia (saúde familiar e dotación de auga en cinco comunidades campesiñas), valorado en 84.098 €.

Na Delegación de Mans Unidas sabemos que contamos con moitas persoas que valoran o noso traballo e que depositan a súa confianza nesta ONG. Non nos esquezamos das palabras de Jesús:
"Todo o que facedes, a un destes os meus irmáns máis pequenos, a Min facédesmo"

   
   
   
 

 

 

Segundo Naciones Unidas
Millóns de persoas amenazadas pola subida do prezo dos alimentos


O incesante incremento do prezo dos alimentos está afectando a millóns de persoas en todo o mundo, a maioría das cales viven no limiar da pobreza e o fame, advertiu o 20 de marzo o Programa Mundial de Alimentos (PMA) de Nacións Unidas.

A subida dos prezos da comida e os combustibles leva que os máis pobres teñan que destinar unha maior cantidade dos seus ingresos á alimentación, o que significa que comprarán menos cantidade de comida ou que esta será menos nutritiva. Outra das opcións é que dependan, aínda máis, da axuda externa para poder alimentarse.

O PMA, que proporciona comida a 73 millóns de persoas en 81 países, anunciou que, se non o conseguen achegas antes do mes de maio, terán que empezar a racionar a comida.

Os países onde o impacto pola escalada dos prezos será máis evidente son, segundo o PMA, Zimbabwe, Eritrea, Haití, Djibouti, Gambia, Tajikistan, Togo, Chad, Benin, Birmania, Camerún, Níxer, Senegal, Iemen e Cuba.

   
   
   
   
   
   
 
 

                       (c) diocese de mondoñedo-ferrol                             www.mondonedoferrol.org                                      2008                                   mcs@mondonedoferrol.org