Delegación diocesana de Pastoral Vocacional

                                                                                             

 
 
 
   

 

   

delegado diocesano

Rvdo. D. José Ángel Fernández López

981 404 106 - 619 312 227

pastoralvocacional@mondonedoferrol.org

 

   
   
 

 

 

15º festival

da canción vocacional

 

  AGENDA 2009-2010

     
 

 

 

Benquerido/a amigo/a.

 

Un ano máis poñémonos en contacto contigo, desde a Delegación Diocesana de

Pastoral Vocacional, para invitarte e animarte a que participes no Festival da

Canción Vocacional que este ano chega á súa XVª edición. Terá lugar en Mondoñedo

o sábado 1 de maio do 2010.

 

Como ben saberás, este ano a Igrexa celebra o Ano Sacerdotal. De aí que este ano

celebremos o Festival no Seminario Diocesano, por ser un referente como canteira

de vocacións ao sacerdocio ministerial.

 

O lema será “Dareivos pastores segundo o meu corazón” (Xer 3,15). Esta é unha

promesa que Deus nos fai de coidar a súa comunidade, o seu pobo, mediante homes

que se configuren na persoa de Cristo, o Bo Pastor; como unha chamada á vocación

ao servizo da comunidade; como guías e ministros dispensadores da súa graza e

do seu amor a través dos Sacramentos e da súa Palabra.

 

As cancións versarán sobre este tema. Por se poden axudarvos, poñémosvos algunhas

citas da Sagrada Escritura: Xer 3; Xn 6 (Multiplicación dos pans e os peixes);

Xn 10 (o Bo Pastor); Xn 14 (Xesús, camiño, verdade e vida); Xn 15 (Xesús a vide

verdadeira). Tamén, se queredes consultala, tedes a Exhortación Apostólica de Xoán

Paulo II PASTORES DABO VOBIS que trata sobre a formación dos sacerdotes e que

comeza coa cita de Xeremías que é o lema do noso festival.

 

Ademais de poder participar no Festival coas vosas cancións ou coa vosa

asistencia, invitámosvos tamén a colaborar na elaboración do cartel do Festival.

No mesmo ten que aparecer o lema, o día e lugar de celebración así como

quen o convoca.

 

Pódese facer no formato que se queira e envialo ás direccións de correo postal ou dixital

que aparecen máis abaixo. Como podedes entender, isto ten que facerse pronto, polo

que o límite de entrega será o 28 de febreiro. Aquel cartel que consideremos máis

apropiado, será o que empreguemos para dar publicidade ao Festival deste ano.

 

Non só queremos que participedes co canto, nos obradoiros ou na confección do cartel;

este ano podedes participar tamén realizando unha presentación en formato PowerPoint

que recolla o sentido do que celebramos no Festival (pode ser unha presentación cun

conto, redacción, con imaxes ou debuxos, etc…). O prazo límite para entregalas será

o mesmo que para as cancións. As presentacións que fagades verémolas o día do

Festival e colgarémolas no noso blog.

 

Por último, este ano, o primeiro e segundo grupo clasificado da categoría

xuvenil representarán á nosa diocese no Festival da Canción Misioneira de Galicia,

que terá lugar en Santiago de Compostela o día 8 de maio. (O desprazamento

correría a cargo da Delegación Diocesana de Misións).

 

Se tés algunha dúbida, ponte en contacto con nós: festivalcancionvocacional@hotmail.com

 

Só queda animarte a que participes nalgunha das actividades que presentamos; tamén

podes vir simplemente a participar do día de convivencia e divertirte coas actuacións.

 

 

 

 

6 MARZO 2010

Cuaresma.

Encuentro de oración

Por zonas dependiendo del arciprestazgo

 

27 MARZO 2010

Vía Crucis diocesano

Se celebrará en Ferrolterra. Por confirmar lugar.

     
     
     
   

  FESTIVAL VOCACIONAL

 

1 MAYO 2010

Festival de la Canción Vocacional

 

BASES      

 

FICHA DE INSCRIPCIÓN

 

       
       
     XA QUE TI O DIS, LARGAREI O APARELLO  

  ACCIONES

 

 

     
 

OBXETIVO XERAL

"Intentar  traballar,  animados  e  unidos  a  nivel  diocesano  nos  diversos 

campos  da  pastoral  ordinaria,  para  conseguir  impulsar  a  Pastoral 

Vocacional  para  o  sacerdocio  e   a   vida  consagrada.” 

 

OBXETIVOS  ESPECÍFICOS

“Formar e consolidar  o  Equipo  Diocesano  de  Pastoral  Vocacional”

“Promover  o  Proxecto  de  Pastoral  Vocacional   do  Seminario   en  Familia”

“Potenciar  a  oración  polas  vocacións  ao  sacerdocio  co  gallo  do  Ano  Sacerdotal"

"Promover  a oración polas vocacións, facilitando os materiais necesarios para a

petición vocacional en cada Eucaristía e  no  rezo de Laudes e Vísperas, e fomentar a

realización na nosa Diócese de encontros de oración polas vocacións”

“Coidar e fomentar a presencia e a labor dos monágos nas  nos­as parroquias

e organizar  posibles encontros que os animen na súa labor”

“Escola de Acólitos”

“Fomentar  o amor a Eucaristía  como motivo e fundamento de toda actividade vocacional”

“Impulsar a figura de María como modelo de toda vocación.”

 

 

 

DÍA DEL SEMINARIO

 

FESTIVAL DE LA CANCIÓN VOCACIONAL

 

DÍA DO MONAGO

 

JORNADA MUNDIAL DE ORACIÓN POR LAS VOCACIONES

   
   
   
   
   
   
 
 

                       (c) diócesis de mondoñedo-ferrol                             www.mondonedoferrol.org                                      2009                                   mcs@mondonedoferrol.org