Xulio Cid: 'Para reflexar a inmensa figura de Xosé Manuel Carballo fixeron falta máis de 200 amigos'

'El Espejo de la Diócesis', viernes 10 de abril de 2015

Ven de publicarse o libro "CERNA DE CARBALLO", en homenaxe ao crego, ilusionista, profesor e escritor Xosé Manuel Carballo Ferreiro, no que participan duascent as persoas a través de 162 colaboracións, proporcionado unha ben variada visión da vida e obra deste crego singular, con parroquias na comarca de Castro de Rei, incluída a capital do concello e a súa parroquia natal, Goberno, e con actividade que ten repercutido e repercute en toda Galicia.