|

La Delegación
diocesana para el XI Centenario del Nacimiento de San Rosendo informa sobre
las fechas fijadas para la celebración de una exposición y un congreso
internacional sobre la figura y los tiempos de San Rosendo.
A continuación se detalla el programa previsto:
A dirección Xeral de
Turismo da Xunta de Galicia, dende o departamento de Exposicións e
Publicacións da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, e en colaboración coa
Delegación Diocesana para o XI Centenario do Nacemento de San Rosendo
organiza unha exposición e un congreso internacional sobre a figura e os
tempos de San Rosendo. Velaquí un esquema do proxectado.
RUDESINDUS
MONDOÑEDO, SANTIAGO, CELANOVA
XI Centenario do nacemento de san Rosendo (907-2007)
A historia cultural da
Galicia dos séculos IX-X é froito dunha fértil e curiosa mestizaxe que vai
configurar, en boa medida, a personalidade dun país que xa comeza a ter na
cultura xacobea unha das súas máis senlleiras sinais de identidade. Por
outra banda, para os musulmáns de al-Andalus, na época do emirato e do
califato, todos os cristiáns do norte eran “galegos”, sen distinción de
orixe -Asturias, León, Cantabria ou Galicia.
Este proxecto consiste na
organización de tres exposicións -catedral de Mondoñedo, Igrexa da
Universidade de Santiago e igrexa de San Salvador de Celanova- e un congreso
internacional (26 ó xuño de 2007) con tres sedes: Mondoñedo, Santo Tirso
(Portugal) e Celanova.
Obxectivos
Lembrando, de xeito moi
sintético, os principais axentes dinamizadores da historia galega no final
da Alta Idade Media, pódese dicir que o perfil cultural do noroeste
hispánico conta cunha serie de atractivos compoñentes, cada un deles moi
oportuno no momento de desenvolver un proxecto cultural que aspire á
orixinalidade e que poida ser operativo dende diversas perspectivas, sen
esquecer os valores científicos, didácticos, promocionais, e turísticos.
Aproveitando a ocasión, no
próximo 2007, da conmemoración, por parte do Bispado de Mondoñedo-Ferrol e
do Bispado de Ourense, dos 1100 anos do nacemento de san Rosendo, monxe
mindoniense que foi, entre outras cousas, bispo de Mondoñedo, abade de
Celanova, administrador da sede de Iria-Compostela e, en definitiva, un dos
galegos máis célebres da nosa historia altomedieval, é oportuno pensar no
desenvolvemento dun proxecto de promoción cultural e turística que,
organizada dende o departamento de Exposicións e Publicacións da S.A. de
Xestión do Plan Xacobeo, teña en conta a celebración dun proxecto expositivo
para MONDOÑEDO (catedral e museo), SANTIAGO (Igrexa da Universidade?) e
CELANOVA (coro alto da igrexa de San Salvador, claustro procesional e capela
mozárabe de San Miguel).
RUDESINDUS
Mondoñedo. A Terra e o Templo
Lugar:
Catedral de Mondoñedo (nave lateral do lado do Evanxeo, sancristía,
cabeceira e espazos do museo catedralicio e diocesano)
Datas:
27 abril-29 xuño 2007
Obras permanentes que
quedarán para o futuro: restauración de pintura e escultura, limpeza de
prata, rehabilitación de dous novos espazos para o museo diocesano e
catedralicio, realización dun proxecto museolóxico integral e, en
definitiva, posta en valor de patrimonio histórico e cultural do camiño
Norte.
Ideas-forza: Orixe e
desenvolvemento da Galicia monástica e da Igrexa mindoniense (a Terra),
destacando o legado cultural das catedrais de Mondoñedo (o Templo).
Contamos coa colaboración
do bispado de Mondoñedo-Ferrol e o Cabido da catedral de Mondoñedo, tendo a
D. Segundo Pérez López como coordinador e ponte coa Igrexa.
* Contidos:
1. As orixes da Igrexa
mindoniense
- Bretoña e a
cristianización do territorio de Mondoñedo-Ferrol.
- Os vínculos bracarenses:
san Martiño Dumiense e san Rosendo.
2. A obra de san Rosendo
en Mondoñedo (bispo entre 925-948)
- Dinamizador do monacato
altomedieval galego.
- San Rosendo, bispo-abade
de San Martiño de Mondoñedo;
- San Rosendo fundador de
mosteiros (San Xoán de Caaveiro,...)
- San Rosendo e a
introducción da Regra benedictina en Celanova (942) e Vilanova de Lourenzá
(969)
3. Galicia, o Reino de
León e al-Andalus. Arte e sociedade
4. A herdanza do santo
- O patrimonio da catedral
de Mondoñedo: reliquias de Mondoñedo, escultura, pintura, ourivería,
documentación, libros, tecidos litúrxicos, etc.
- O Oficio de San Rosendo
- A Confraría de San
Rosendo, fundada no s. XVII
- O Tesouro de San Rosendo
(catedral de Ourense)
- A urna coas reliquias de
san Martiño de Dumio (catedral de Braga)
- O sartego de san Martiño
de Dumio (museo de Dumio)
RUDESINDUS
Congreso
Internacional sobre san Rosendo e o seu Tempo
Datas:
26-30 de xuño 2007
Localización: Mondoñedo, Santo Tirso (Portugal) e Celanova.
Organización: 17 conferencias de 45 min. e un nº indeterminado (e aberto) de
comunicacións de 10 min.
Desenvolvemento:
1ª xornada. Mondoñedo.
Tema: san Rosendo e a
Galicia do século X (a Igrexa mindoniense, o monacato, a vida do santo,
reliquias, iconografía...)
- Inauguración.
Autoridades.
- Conferencia inaugural:
“San Rosendo, bispo e fundador”
Pausa café
- 1ª sesión. “A Igrexa
mindoniense no século X”
- 2ª sesión. “San Rosendo
na construcción de Occidente: o monacato benedictino no século X”
Xantar
- comunicacións (unha mesa
aberta a todo investigador que desexe presentar unha aportación ao congreso)
- viaxe á igrexa de San
Martiño de Mondoñedo (Foz)
- 3ª sesión. “Da alta
Idade Media ao románico. Arte e arquitectura en San Martiño de Mondoñedo”
(conferencia in situ)
- Misa segundo o rito
mozárabe ou hispánico en San Martiño de Mondoñedo (Foz). Mons. Manuel
Sánchez Monge, bispo de Mondoñedo-Ferrol
Regreso a Mondoñedo e Cea
- Concerto de música
antiga (s. X) na catedral de Mondoñedo
2ª xornada. Mondoñedo.
Tema: Mondoñedo, espazo e
tempo dun padroado
- 4ª sesión “Sociedade e
política na Galicia do século X”
- 5ª sesión. “Episcopus
Gallaeciae: o papel do bispo na vida galega do século X”
Pausa café
- 6ª sesión: “Mondoñedo,
cidade medieval”
-7ª sesión: “A catedral
medieval de Santa María de Mondoñedo” (conferencia in situ)
Xantar
- comunicacións
Viaxe a Vilanova de
Lourenzá
- 8ª sesión: “Arte barroca
na igrexa mosteiral de Vilanova de Lourenzá”
Regreso a Mondoñedo e Cea
3ª xornada.
Mondoñedo-Santo Tirso (Porto).
Tema: a pegada de san
Rosendo en Portugal
4h. de viaxe en autobús
- 9ª sesión: “O mosteiro
benedictino de Santo Tirso” (conferencia in situ)
Xantar
- 10ª sesión. “San Rosendo
e Portugal”
- 11ª sesión “Vida
monástica nas dioceses de Porto e Braga durante o século X”
Viaxe de Santo Tirso a
Ourense
Aloxamento
4ª xornada. Celanova.
Tema: a memoria de san
Rosendo (o mozárabe auriense, a capela de San Miguel de Celanova, música e
liturxia, os priorados benedictinos de Celanova, o mosteiro barroco...)
Viaxe Ourense-Celanova
Recibimento autoridades
locais
- 12ª sesión: “San Rosendo
e Celanova”
- 13ª sesión: “A
organización do territorio auriense na época do santo”
Pausa café
- 14ª sesión: “San Rosendo
e san Torcuato: reliquias, tesouros e iconografía”
- 15ª sesión: “O mosteiro
de Sahagún no século X”
- 16ª sesión. “San Miguel
de Celanova. Arquitectura e liturxia” (conferencia in situ)
Xantar
- comunicacións
- conclusións do congreso
- conferencia de clausura.
Mons. Xulián Barrio Barrio, arcebispo de Santiago. “O legado de san Rosendo
na actualidade da Igrexa galega”
Concerto de órgano
|