XIV Festival de la Canción Vocacional        

                                                                     

 
 
 
   

               

 

 

 

 

 

BASES DEL CONCURSO

 

HOJA DE INSCRIPCIÓN

 

 

 

CHAMADOS AO AMOR...

 

Benquerido amig@


Nun esforzo por optimizar recursos e tarefas pastorais nun tempo no que cada vez clarificamos máis o noso compromiso con Deus, as Delgacións de Pastoral Xuvenil, Familiar e Vocacional queren xuntas preparar o XIV Festival da Canción Vocacional.


Como xa sabes, ben seguro, é un acontecemento que xa leva un bo número de anos en marcha na nosa Diocese. Parécenos moi importante o número de xente que foi xa participando e agardamos que sexa moita máis.
 

Queremos nesta carta invitarte a ti e as persoas que traballan contigo ou ao teu redor a participar neste Festival. O xeito de participar pode ser tanto preparando unha canción que teña de fondo o lema deste ano: “CHAMAdos ao amor”, ou simplemente asistindo a toda a xornada e participando nela.
 

Para os que vos animedes a preparar canción adxúntanse as bases nunha folla, e tamen unha folla de inscrición para que a cubrades e nola enviedes o antes posible para ir preparando todo para recibirvos como vos merecedes.

 

O XIV Festival Vocacional terá lugar en As Pontes o día 25 de abril de 2009, na igrexa do Poblado. Comezaremos a iso das 10:00 da maña e remataremos aproximadamente sobre as 20:00 da tarde.
 

Para calquera dúbida ou para o envío previo das cancións e dos datos podes atoparnos en:


Festival da Canción Vocacional
Praza do Seminario, 1
27740 Mondoñedo (LUGO).
Tlf 982521000.
pastoralv@yahoo.es


Gustaríanos contar contigo, en primeiro lugar coa túa oración para que todo saia ben, logo coa túa presencia e tamén co teu compromiso de invitar a outros.
 

Anímate e achégate a compartir con nós esta Xornada.


Antonio Valin Valdés
Delegado de P. Xuvenil


Juan Rodríguez Basoa
Delegado de P. Familiar


Rubén Prieto Rodríguez
Delegado de P. Vocacional

 

   
   
   
 
 

                       (c) diócesis de mondoñedo-ferrol                             www.mondonedoferrol.org                                      2009                                   mcs@mondonedoferrol.org