Aberto o prazo de inscrición para o Campamento Diocesano 2017

¿Xa sabes que vas facer durante os últimos días de xullo? ¿Queres embarcarte nunha aventura incrible este verán? Vén con nós a Mondoñedo!

Se naciches entre os anos 1999 e 2008... ANÍMATE!

· Se desexas embarcarte nunha aventura fantástica
· Se queres saborear dunha forma diferente as vacacións
· Se tes ganas de facer novos amigos
· Se che apetece desfrutar da natureza
· Se queres descubrir novos lugares
· Se queres coñecer un pouquiño máis a Xesús…

Síntete invitado, e anima a quen queiras a desfrutar do campamento con nós. E se naciches no 1998 ou antes e queres colaborar con nós durante os días do campamento non tes máis que preguntar no noso correo electrónico.
 

ESCOITA!

¿Xa sabes que vas facer durante os últimos días de xullo? ¿Queres embarcarte nunha aventura incrible este verán? Estate atento pois agora mesmo tes entre as túas mans a proposta ideal para desfrutar dunha maneira especial de parte dos teus días de vacacións, tes o mellor motivo para saír da casa en busca de novas emocións, tes a excusa perfecta para coñecer un montón de amigos...

Como vén sucedendo dende 1978, o Colectivo Campamento Diocesano de Mondoñedo-Ferrol (CCD), en colaboración coa delegación de infancia e xuventude da nosa diocese, organiza un campamento para rapaces (nacidos entre os anos 1999 e 2008) durante o mes de xullo no Seminario menor Santa Catalina en Mondoñedo.

Dende estás páxinas queremos ensinarvos un pouquiño todas esas cousas das que ides poder desfrutar en Mondoñedo durante os días do campamento. Se xa pasaches con nós algún verán máis, seguro que estás agardando a que chegue o momento de marchar para o campamento; se estás pensando en vir por primeira vez, non o dubides máis, seguro que repetirás. Agardámosvos en Mondoñedo do 21 ó 30 de xullo. Ata pronto.
 

FAI QUE CONTEMOS CONTIGO!

Non tes máis que enviar a ficha de preinscrición que está na parte de atrás do tríptico antes do 19 de xuño de 2017 a: Colectivo Campamento Diocesano: Apartado de correos 34, 27780 Foz (Lugo) ou por correo electrónico a campadiocesano@hotmail.com
 

Para máis información

· No blog: campadiocesano.wix.com/campadiocesano 

· No móbil: 644 028 949

· No email: campadiocesano@hotmail.com

Tamén podes preguntar na parroquia ó teu cura ou catequista.

Durante os días do campamento imos xuntarnos moitas persoas en Mondoñedo, isto supón un gasto para todos. O prezo do campamento será de 130 €