Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento 2017

Intervencións, fotografías e vídeos

Mons. De las Heras: "Que estes séculos de ofrenda sexan signo dun pobo asentado nas súas raíces, orgulloso e forte no seu tronco, e valente nas súas follas"

A las 12 de la mañana comenzaba en la Catedral de Lugo la ceremonia de la Ofrenda del Antiguo Reino de Galicia al Santísimo Sacramento, que se viene celebrando desde 1669. Este acto que pone fin a las celebraciones del Corpus en la ciudad.

El obispo de Mondoñedo- Ferrol, Mons. Luis Ángel de las Heras, presidió la eucaristía en la que concelebraron:

El arzobispo de Santiago de Compostela, Mons. Julián Barrio;
El obispo de Ourense, Mons. Leonardo Lemos Montanet;
El obispo de Lugo, Mons. Alfonso Carrasco Rouco;
El obispo auxiliar de Santiago, Mons. Jesús Fernández González; así como miembros del cabildo de Lugo.

Acompañaron a la delegada regia, alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, los representantes de alguna de las ciudades del antiguo Reino de Galicia; así como otras autoridades civiles y militares. 

En la presentación de la Ofrenda, la alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, comenzó afirmando que, aunque pasaron ya 348 años, desde la primera vez que se celebró la Ofrenda, no la podemos ver como una de tantas costumbres que perduran solo por arraigo, sino porque somos un pueblo de tradición cristiana “firme y asentado en sus raíces, orgulloso y fuerte”. Y, haciendo suyas las palabras del poeta mindoniense Álvaro Cunqueiro, expresó: “Alabado sea Dios porque me permitió nacer, crecer y hacerme hombre en este gran Reino que llamamos Galicia”.

Finalizó su ofrenda recordando que el “papel de políticos y representantes destacados de la sociedad nos exige servir a los demás y nada más que a los demás, dejando de lado cualquier interés personal o de partido”. Y concretó su petición solicitando la ayuda del Santísimo para terminar con el paro; potenciar la familia; erradicar la lacra de la violencia machista; los problemas de natalidad, despoblación, envejecimiento y desarrollo de la Galicia más rural…

En la contestación a la Ofrenda, el obispo de Mondoñedo-Ferrol, Mons. De las Heras, comenzó su homilía manifestando que hoy, en Lugo, ante el Santísimo Sacramento “reconocemos el camino de la fe que el pueblo de Dios que peregrina en Galicia ha recorrido a lo largo de la historia hasta nuestros días; hoy Galicia mira al Santísimo”.

Recogiendo las palabras de la alcaldesa de Mondoñedo, Mons. De las Heras: continuó su intervención diciendo que “estos siglos de ofrenda son signo de un pueblo de personas buenas que, mirando a Cristo, dan frutos de caridad con sus semejantes, especialmente con los más necesitados, creando así frutos de unidad”.

Valoro- continuó el obispo de Mondoñedo-Ferrol- que usted reconozca, señora alcaldesa, que los representantes elegidos por los ciudadanos para gobernar han de pensar en lo mejor para todos, sin excluir a nadie. (…) Hemos de esforzarnos por superar los intereses particulares, de mirada corta. Jesucristo conoce nuestros temores, acoge y alienta nuestros aciertos y esfuerzos para mejorar y defender la vida”.

Haciendo un repaso por las necesidades del pueblo gallego, y no olvidando que Galicia es un pueblo de emigrantes, pidió que seamos capaces de acoger a los que vienen a nuestra tierra buscando un futuro: “Que seamos mensajeros de la paz. Cristianos que se alegran de haber recibido la paz de Jesús que transforma los corazones y anuncian el evangelio de la paz en un mundo herido por la violencia”.

Finalizada la  celebración eucarística, todas las autoridades eclesiásticas y civiles salieron en procesión acompañando al Santísimo Sacramento por las calles de Lugo. Durante el recorrido el Grupo Tradicional “Os Xílgaros de Lugo” dirigido Por Óscar Pérez y el grupo de baile tradicional  de “Espazo Artístico 10”, dirigido por Xabier Iglesias, interpretaron  danzas en Ofrenda al Santísimo Sacramento a lo largo del recorrido de la procesión.

Fonte: Prensa Obispado de Lugo
Fotografías: La Voz de Galicia. Obispado de Lugo

 


DOCUMENTOS COMPLETOS

PRESENTACIÓN DA OFRENDA

Santísimo Señor Sacramentado,

Preséntome hoxe ante Vós en representación do Antigo Reino de Galicia, honrada por ostentar tal privilexio por segunda vez. A esta catedral de Lugo acudín hai dous anos, estreada a miña condición de alcaldesa da miña vila natal, Mondoñedo, unha das sete cidades do Antigo Reino de Galicia, xunto á Coruña, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela, Betanzos e Tui. Aquí estou, neste fermoso templo, declarado patrimonio da Humanidade hai precisamente dous anos. Veño dunha cidade que tanto aportou a cultura galega terra que viu nacer personaxes ilustres. Álvaro Cunqueiro, Antonio Noriega Varela, Manuel Leiras Pulpeiro ou Xosé Díaz Jácome deixaron a súa impronta nalgunhas das mellores páxinas da nosa literatura. Outro mindoniense, Pascual Veiga, compuxo a melodía que alenta a galeguidade dos bos e xenerosos da boa nazón de Breogán, melodia que recordo no seu 110 aniversario. terras inspiradoras de pasado brillante, cun vivo presente e futuro no que asumin a responsabilidade de convertilo en   ilusionante e prometedor.

Veño para renovar a devoción, respecto, gratitude e  recoñecemento que dende 1669 vos expresamos todas as galegas e galegos pola protección que nos tedes brindado dende a orixe dos tempos.

Pasaron xa 348 anos da primeira vez que se celebrou esta ofrenda, pero non podemos vela como unha de tantas tradicións que perduran só por arraigo. A ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento permanece vixente porque seguimos sendo maioría aqueles que defendemos o noso valor como pobo firme e asentado nas súas raizames, orgulloso e forte no seu tronco, e valente e xeneroso nas súas follas. Un pobo que intenta darlle sombra a quen ten calor, acubillo a quen ten frío e seguridade a quen ten medo. Un pobo que amosa toda a súa unión e solidariedade cando alguén trata de facerlle dano a calquera dos seus fillos. Un pobo que, cal carballo centenario, resistiu mil e unha treboadas, e resistirá mil e unha treboadas máis. Como ben dixo Álvaro Cunqueiro, “louvado sexa Deus porque me permitiu nacer, medrar e facerme home neste grande Reino que chamamos Galicia”.

Agradecidos vimos, mais tamén responsabilizados, sabendo que podemos pedir, pero que temos que ofrecer, que non podemos limitarnos a agardar a que Vós, Santísimo Señor Sacramentado, nos coidedes e protexades sen nós farcermos nada por labrarnos un presente próspero e un futuro prometedor.

É a nosa obriga como representantes elixidos polas galegas e galegos liderar ese camiño pensando sempre no mellor para todos, non no que nos convén a cada un. E nese propósito penso que podemos postrarnos ante vós, cos nosos erros, que os temos, pero tamén cos nosos acertos e, sen dúbida, cos nosos esforzos. Esforzos por chegar a acordos nas grandes cuestións, como  apoiar a axeitada dotación de medios económicos para as demandas das luguesas e lugueses, para mellorar a súa vida cotiá, con máis servizos e infraestruturas, para un bo coidado dos nosos maiores,  para tratar de combater o despoboamento do rural ou para conseguir os medios que permitan que a nosa cultura teña as canles de difusión que merece.

Son unhas metas que considero o suficientemente importantes como para esquecernos do pouco que nos separa e centrarnos no moito que nos une. Esa é precisamente unha das ensinanzas que Vós nos transmitístedes e que nos permitiron aos galegos chegar ata aquí como un POBO CON MAÍUSCULAS, orgulloso de si mesmo e seguro do camiño que quere percorrer.

Ben o sabían aquelas dezaseis persoas, quince homes e unha muller que, procedendo de signos políticos moi distintos, souperon  unirse alá polo ano 1979 para elaborar o anteproxecto de estatuto coñecido como “Estatuto dos 16”, que lles encargara o  presidente da Xunta de Galicia preautonómica, Antonio Rosón. Alí houbo posicións políticas, pero non intereses partidistas. O seu traballo mereceu este mesmo ano o recoñecemento de todas as galegas e galegos a través da súa principal institución: o Parlamento de Galicia. Esa debe ser a senda que sigamos nós, co noso traballo e a vosa protección e apoio.

No fondo, non se trata máis que de aplicar os vosos consellos. Os demais por diante de un mesmo. O interese de todos por riba do egoísmo persoal. Porque os que nos dedicamos á política temos que ter claro que é un instrumento para servir os demais, non a nós, nin enlear nas revoltas internas dalgúns partidos; iso sería un uso espúreo do exercizo da nosa actividade. Eu proveño dunha familia de gandeiros, e teño claro que estou na política porque quero mellorar a vida dos mindonienses, dos lugueses e dos galegos. Ese é o camiño que intento manter, para o que busco conseguir o apoio das miñas veciñas e veciños, e pídoche axuda para non desviarme del. Ser moi consciente do punto de partida é fundamental para saber distinguir cal é o camiño que nos leva aos logros que perseguimos.

Son consciente de que sen vivir nunha democracia consolidada, unha muller pertencente a unha familia humilde como a miña non chegaría endexamais a ostentar ningún cargo público, a gobernar un concello como Mondoñedo ou a traballar a prol de todos os lugueses dende a Deputación. Esa é a grandeza da democracia: todos somos iguais e todos podemos aspirar a ter as mesmas oportunidades, tamén aqueles aos que agora parece non lles vale o estado en que viven, aínda que lles permitira gobernar concellos ou ocupar escanos no Congreso e no Senado. A democracia é liberdade, non libertinaxe. Que nos permiteu medrar como país, catro decenios de consagración de dereitos individuais, de recoñecemento de identidades colectivas e os seus conseguintes dereitos, de gobernos de maiorias, pero respeto as minorías, un traballo difícil que pasou o noso país, pero que cos acertos e erros que toda cunstruccion humán conleva,  seria profundamente inxusto para as xeneracións que o fixeron posible que desde os extremismos se DESPRECE OU MINIMICE OS LOGROS ACADADOS. E tamén para os mais mozos que teñen o dereito a recoñecerse nunha das páxinas mais brilantes da historia española dos últimos seculos.

Ten normas, e fomos todos os españois, independentemente das nosas orixes, crenzas ou ideas, os que as acordamos e recollimos na Constitución a través dos nosos representantes políticos. Non menos certo é que as normas non deben ser inmutables, teñen que evolucionar cos tempos, pero sempre dende un espírito de consenso e de busca do ben común que os demócratas temos que lembrar e esixir a todos, agora máis ca nunca.

No nome de todos os que conformamos o Antigo Reino de Galicia, ofrézoche de novo o noso inmenso agradecemento e respecto, e pídoche humildemente que nos sigas axudando para non desviarnos da senda que nos permita:

1. Ter moi presente que o papel de políticos e representantes destacados da sociedade nos esixe servir aos demais e nada máis que aos demais, deixando de lado calquera interese persoal ou de partido. Axúdanos a manternos firmes no convencemento de que a nosa función é contribuír ao progreso de todas as galegas e galegos, intentando facelo sempre de xeito consensuado cos demais, buscando chegar a acordos e evitando impoñer ideas. Neste senso, mantennos vixiantes para que o cancro da corrupción, que moito dano ten feito á clase política e á sociedade en xeral, poida ser erradicado dunha vez por todas. Contra el loitamos moitos e facémolo cada día.

2. Señor, ti que multiplicaches o pan e o peixe para saciar unha multitude famenta, axúdanos a conseguir os recursos para que todas as galegas e galegos poidan gozar de benestar económico, social e persoal. Que sexamos quen de conseguir que todos aqueles que estean en disposición de traballar consigan un traballo que lles permita valerse por si mesmos con dignidade e realizándose como persoas.

3. Potenciar a familia, como entidade básica de cohesión social, coas evolucións lóxicas que os tempos van impoñendo sobre os conceptos de parella e unidade familiar, sempre sen perder de vista que o amor, a xenerosidade e a entrega aos nosos seres queridos son o motor de calquera sociedade.

4. Erradicar dunha vez por todas a lacra da violencia machista, que parte da idea errada da posesión da muller por parte do home. Dalle forza a quen a padece para denunciar a súa situación, e sentido a quen a exerce para deixar de lado esa lacra que non acaba de abandonar a nosa sociedade.

5. Traballar a prol de todos os espazos e ámbitos de poboación de Galicia, dende as grandes cidades ás aldeas máis pequenas. Que acaden os seus obxetivos en aqueles eidos que lles permiten medar, infraestructuras, desenvolvemento dos sectores estratexícos. Axúdanos a facer atractivo o medio rural para que esa riqueza non pase desapercibida para a xente nova. Que saibamos aproveitar todas as posibilidades que ofrece a Galicia urbana sen esquecernos da riqueza vital e económica do noso patrimonio natural, dese “grande reino do Fisterre que vai dende os montes ata o mar onde brillan os barloventos. A terra dos mil ríos e dos mil vales” da que falaba Cunqueiro.

6. Atender os nosos maiores, que nos deron todo porque foron os que nos trouxeron a este mundo. Aprender das súas ensinanzas e coidalos para que poidan transmitírnolas os máis anos posibles e coa mellor calidade de vida posible. E que nós, a xente nova, saibamos valoralas e aplicalas a prol dun mundo mellor.

7. Apoiar as galegas e galegos que viven na emigración e que tanto contribuíron ao desenvolvemento do noso país. Outro ilustre mindoniense, Antonio Noriega Varela, refería a historia “dunha Rosa..., pura almiña da montaña!; foise da súa casiña e murchouse en terra extraña”. Permítenos axudar os galegos que nesta época poidan pasar por dificultades derivadas da situación económica ou política actual dos seus países.

8. Manternos afastados da lacra do terrorismo xihadista, tanto os galegos que vivimos no país como os que estean temporal ou permanentemente fóra del, e apoiar os países e sociedades que padezan os seus efectos. Que a senrazón de quen quere acabar con vidas humanas facendo o meirande dano posible non nos coarte como pobo que somos cun estilo de vida baseado nos dereitos e nas liberdades individuais e colectivas. Somos galegas e galegos, somos fortes, somos xenerosos, somos sensibles e somos LIBRES, e así o seguiremos sendo, mal que lles pese.

9. Por último, que se fagan realidade todas as peticións xustas e de boa fe que poidan ter todos os aquí presentes, e todas as galegas e galegos, e que non citara expresamente.
10.

Ogallá que así sexa,

Elena Candia
Alcaldesa de Mondoñedo

 

CONTESTACIÓN Á OFRENDA

Excma. Sra. Oferente,
Excmo. Sr. Delegado da Xunta de Galicia,
benqueridas Autoridades,
benqueridos irmáns bispos de Lugo, Santiago,Tui-Vigo e Ourense,
benqueridos membros do Cabido da Santa Igrexa Catedral de Lugo
benqueridos sacerdotes, membros da vida consagrada e leigos,
benqueridos membros da Confraría do Santísimo Sacramento,
de Cáritas e da Adoración Nocturna,
benqueridos irmáns e irmás:

O Señor Xesús, vivo e presente na Eucaristía, convocounos esta mañá neste lugar de contemplación e adoración do pan vivo baixado do ceo, nesta catedral basílica de Lugo. Ante Xesús Sacramentado recoñecemos hoxe o camiño da fe que o pobo de Deus que peregrina en Galicia percorreu ó longo da historia ata os nosos días. Dende tódalas parroquias, Galicia mira hoxe ó Santísimo.

Xesús, o enviado do Pai, chámanos á comuñón de vida con El, asumindo as nosas diferencias. Como di o apóstolo Paulo ós corintios, «aínda que somos moitos, formamos un só corpo, porque comemos todos do mesmo pan»(1Cor 10,17). Estamos chamados a selo Corpo de Cristo. Aquel a quen contemplamos e adoramos hase de facer vida en nós e entre nós para sermos discípulos misioneiros. El entrega a súa vida para que o mundo teña vida. Para El e para a súa obra, ninguén queda excluído desta vida, que procede do Pai, fonte inesgotable de vida. O pan que Xesús é e da non é un alimento que perece, senón que sostén para a vida eterna. Deus pasou de dar alimento para ser El mesmo o alimento. Así, ofrécenola unión persoal e comunitaria máis estreita posible. Estivo grande connosco. Podemos estar alegres para continuala tarefa pregando e esforzándonos: a Deus rogando e co arado arando.

Neste contexto, agradezo a ofrenda que, no nome da cidade de Mondoñedo, presentou a súa alcaldesa, dona Elena Candia, que —como ela lembrou— o fai por segunda vez. Parabéns! Únome ós seus rogos para acadar tódalas peticións xustas e de boa fe que hai en Galicia.

O Señor coñece cada corazón e acolle a vontade de renovala devoción, o respecto, a gratitude e o recoñecemento pola protección que El mesmo brinda ós galegos, ós que bendí dende sempre, antes incluso destes trescentos corenta e oito anos que cumpre a ofenda. Coma vostede di, señora alcaldesa, que estes séculos de ofrenda sexan signo dun pobo asentado nas súas raíces, orgulloso e forte no seu tronco, e valente nas súas follas. Raíces cristiás, tronco de persoas boas que, mirando a Cristo, dan froitos de caridade cos seus semellantes, especialmente con máis necesitados, creando así froitos de unidade. Un pobo forte de xente forte na fe. Persoas que saben que, ó pediren,recoñécense nas súas raíces colaboradores da obra de Deus neste mundo.

Valoro que vostede recoñeza, señora alcaldesa, que os representantes elixidos polos cidadáns para gobernar han de pensar no mellor para todos, sen excluír a ninguén. Coma xa teño dito, para Cristo Señor todos poden ser partícipes da súa vida. O Evanxeo de Xesús é evanxeo de encontro en xustiza e en verdade, de inclusión, e aínda moito máis: de comuñón. Habémonos de esforzar por superalos intereses particulares, sempre de curta mirada. Xesucristo coñece os nosos temores, acolle e alenta os nosos acertos e esforzos para mellorar e defendela vida. Unha vida humana digna do principio ó cabo, tal coma Deus nola entrega dende o comezo e tal coma Deus mesmo a acolle ó seu remate.

Sen dúbida algunha, o ben do pobo que peregrina en Galicia conquistarase mellor seguindo as ensinanzas de Xesús. Que todos entendamos que servir sen esperar nada a cambio é o compromiso que máis nos fai medrar. Que para evitármola corrupción desterrémola ambición egoísta formando persoas libres e honestas, que non se desvían do vieiro dos xustos, aínda que teñan que se resistir. Que a familia sexa apreciada e coidada con máis empeño, de modo que nela poda medrar e desenvolverse a vida nunha escola de persoas dignas dunha sociedade responsable, libre e pacífica. Que para os cristiáns a familia poda ser esa Igrexa doméstica onde o amor, tal e coma Deus nolo mostra, impulsa a vida dos seus membros contribuíndo a edificar unha sociedade mellor. Que cooperemos todos no verdadeiro progreso de Galicia en calquera dos seus lugares. Que busquemos oportunidades de traballo para quen padece o desemprego. Que saibamos transmitir esperanza a quen comeza a súa andadura así coma ós maiores que aprenden a se despedir desta esperando unha vida nova. Que lembremos a tódolos galegos emigrantes que teñen o seu corazón en Galicia e acollamos a cantos inmigrantes veñan a estas terras. Que sexamos mensaxeiros da paz. Cristiáns que se alegran de recibila paz de Xesús que transforma os corazóns e anuncian o evanxeo da paz nun mundo ferido pola violencia.

Querida dona Elena, benqueridos irmáns e irmás, Xesús sacramentado míranos hoxe con agarimo e soamente espera de nós que nos esforcemos para recibilo que pedimos. Crucémola mirada con Cristo na custodia, ou o que é o mesmo, crucémola mirada cos próximos, especialmente cos máis pobres e pequenos. Pois a festa do Corpus é festa que a Igrexa celebra ó redor do seu centro: os pobres, que son o altar vivo do sacrificio eucarístico do Novo Testamento; un altar construído cos «membros vivos de Cristo», verdadeiras pedras vivas do seu templo. Un altar que «é santo, porque el mesmo é corpo de Cristo» (cf. SAN XOÁN CRISÓSTOMO, Homilías sobre a Segunda Carta ós Corintios, h. 20, 3; PG 61, 540: «Hæc ara ex ipsis Christi membris constat, ac Domini corpus altare tibi efficitur. […] Rursum hoc altare admirandum est, quia natura quidem lapis est, sanctum autem efficitur, postquam Christi corpus excipit; illud vero quia Christi corpus est»).

Que o Señor Sacramentado colme de bendicións a tódolos gobernantes, ás nosas dioceses, ás vosas familias, ós veciños de Mondoñedo, de Lugo e de toda Galicia.

Gloria a Cristo, bo Pastor,
que nos coñece e nos guía;
e na santa Eucaristía
nos apacenta de amor. Amén.
(Himno lit. hor.)

+ Luis Ángel de las Heras, CMF
Bispo de Mondoñedo-Ferrol