Faleceu o sacerdote diocesano Álvaro Rábade Romeo

O funeral oficiarase o luns 19 (12h.) na capela do Seminario de Mondoñedo

"De don Álvaro gardamos o recordo do seu espírito inquedo, dun sacerdote cercano e piadoso, moi devoto da Virxe e desexoso de vivir a coherencia do Evanxeo"

O reverendo don Álvaro Rábade Romeo naceu na parroquia de Santa María de Saavedra o día 29 de marzo de 1929.

Fixo os seus estudios de latín e humanidades, filosofía e teoloxía no Seminario de Santa Catalina de Mondoñedo.

No ano 1958 foi ordenado presbítero polo bispo monseñor Jacinto Argaya Goicoechea.

Logo foi nomeado párroco de San Mamede de Vilapredre (Vilalba), pasando a ser párroco no ano 1963 de Santa María de Narahío e Santa María de Igrexafeita.

Ó pouco tempo foi trasladado a Ferrol, sendo nomeado por un tempo vicario parroquial de Nosa Señora do Carme e, de seguido, párroco de San Antón da Cabana desde a creación da parroquia; e, anos despois, de San Román de Doniños, ata a súa xubilación.

En Ferrol exerceu por un tempo de profesor de relixión nun instituto e desempeñou durante varios anos o cargo de secretario da vicaría xeral do bispado.

Viviu moitos anos na residencia sacerdotal da Domus Ecclesiae de Ferrol e ultimanente na residencia sacerdotal do Seminario de Mondoñedo, onde finou na mañá deste sábado 17, ós oitenta e oito anos.

De don Álvaro gardamos o recordo do seu espírito inquedo, dun sacerdote cercano e piadoso, moi devoto da Virxe e desexoso de vivir a coherencia do Evanxeo.

Descanse na paz do Señor.


Nota: O funeral pola súa alma oficiarase o vindeiro luns, 19 de febreiro ás 12 horas, na capela do Seminario de Mondoñedo. O enterro, a continuación, no cemiterio muncipal. Presidirá o bispo diocesano, monseñor De Las Heras Berzal

Antonio Rodríguez Basanta

Xove (1950) - Vicario General - Especialista en Catequética

@tonobasanta