Mondoñedo prepárase para vivir a Festa da Misericordia

Continuando coa transformación misioneira que propón o Plan Pastoral 2016-20

Benquerido/a amigo/a:
 
Poñémonos en contacto contigo para convocarte á Festa da Misericordia que terá lugar no Seminario de Mondoñedo, o vindeiro día 10 de marzo, sábado, coa seguinte orde do día:

10.30 h.- Acollida e café no Seminario
11.00 h.-  Breve reflexión
11.40 h.- Descanso
12.00 h.- Celebración do Perdón na Catedral
13.30 h.- Xantar no Seminario (10 euros/persoa)
15.00 h.- Café-concerto testemuño
16.30 h.- Despedida e remate do encontro

Pregámosche animes todo o que poidas á xente da túa parroquia, Unidade pastoral, comunidade ou grupo (incluso nenos/as, xa que estamos a preparar actividades específicas para eles).

Por cuestión de organización no Seminario, sería conveniente que en torno ao día 4 marzo, soubéramos cánta xente vai vir; podes avisar chamando á Domus Ecclesiae-Ferrol (981 35 32 95) preguntando por Carlos Alonso, ou mandando un correo electrónico a este enderezo: mcs@mondonedoferrol.org.

Se van participar nenos, pregámosche nos indiques cantos son e as súas idades.

Máis nada, esperando atoparnos ese día, recibe un cordial saúdo.

Gonzalo Varela Alvariño
Antonio Valín Valdés