O bispo presidirá o xoves os actos na festa de San Rosendo

Cartel conmemorativo (2007) · Autor: Diócesis

A Basílica-Catedral de Mondoñedo acollerá unha eucaristía ás 12:30 horas

O un de marzo vai celebrarse a solemnidade de San Rosendo, patrono da diocese de Mondoñedo-Ferrol, da que foi bispo.

Co gallo desta festa, ás doce e media da mañá, na Catedral Basílica de Mondoñedo, vai ter lugar unha eucaristía que vai presidir o bispo da diocese, don Luis Ángel de las Heras, e na que concelebrarán os membros do Cabido e varios sacerdotes máis.

A continuación, ofreceráse un ágape no claustro da Catedral.