Ao encontro da man de san Rosendo

A unidade pastoral de Foz peregrinará o domingo a san Martiño

O domingo 4 de marzo, a unidade pastoral de Foz peregrina á basílica de san Martiño para celebrar a festa de San Rosendo.

Xuntarémonos ás 11:30 horas na capela de san Blas, no barrio de Vilaxoane (Foz). Desde alí camiñaremos ata a basílica, onde teremos a eucaristía ás 13 horas. Ao remate, os que queiran trasladaranse ata os locais da unidade pastoral en Foz para compartir o xantar que cada un leva; e pola tarde, teremos un espectáculo de maxia.

Este domingo estamos convocados das cinco parroquias da unidade pastoral: nenos, maiores, pais, nais, avós... Suprímense as misas e todos imos ata san Martiño. Para os que non poidan camiñar, poñeremos un bus para poder ir, que logo usaremos todos para o regreso.

Fonte: Unidade Pastoral de Foz