Convivencia cos nosos maiores na parroquia de Mandiá

· Autor: mandia.es

Durante os días 12 e 13 de maio

Convocatoria preparada polo Consello parroquial de Mandiá:

* UN AGRADECEMENTO EMOCIONADO AOS NOSOS MAIORES

* POÑAMOS UNHA FLOR DE PRIMAVERA NA VIDA DOS MAIORES

* UNHA HOMENAXE PARA OS NOSOS ANCIÁNS E ANCIÁS.

* TÉNDELO BEN MERECIDO.

* QUEREMOS ENCHER DE VIDA A NOSA PARROQUIA


OBXECTIVO

* Somos unha familia e queremos celebralo.

* Saírmos das casas para sabermos uns dos outros.

* Vérmonos fisicamente. Non perdérmonos as caras.

* Unir o mundo dos maiores e o mundo dos novos.

* Se nos encerramos perdémonos de vista e perdemos vida.

* Festexarmos xuntos e falármonos con paz e tranquilidade.

* Volvermos á vida da parroquia aínda que sexa por un día.

* Celebrarmos a vida dos vivos e a memoria dos anteriores

* Recordarmos agradecidos aos nosos anteriores.


PROGRAMA

LUGAR: Igrexa parroquial de Santa Uxía de Mandiá.

* DÍA 12, sábado: Convivencia da Primavera. 17 horas. Meranda, festiña e divertimentos.

* DIA 13, domingo, Nosa Señora de Fátima. 12 horas. Misa e procesión.


MÁIS INFORMACIÓN: www.mandia.es