Cáritas Diocesana celebra mañá en Mondoñedo a súa Asemblea Xeral

· Autor: Cáritas Diocesana

Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol vai celebrar mañá sábado día 5 a súa Asemblea Xeral Ordinaria 2018 no Seminario Santa Catarina de Mondoñedo.

Dará comezo ás nove e media da mañá coa acollida. Ás dez terá lugar o saúdo do bispo da diocese, monseñor Luis Ángel de las Heras Berzal, CMF, ós asistentes. Logo, aprobarase, se procede, a acta da asemblea anterior e terá lugar a presentación de Memoria anual do ano 2017, o balance económico de 2017 e o presuposto para o 2018.

Despois dun café, ás once e vinte, procederase a elección dos dous representantes dos sacerdotes no Consello Diocesano de Cáritas, presentarase á nova Cáritas parroquial da UPA Claret (Valdoviño-Narón) e ós novos membros do equipo directivo e xerencia.

Ás once e media comezará a facerse, mediante unha dinámica, a análise da situación actual de Cáritas na diocese de Mondoñedo-Ferrol. Ás trece horas, na capela maior do Seminario terá lugar a celebración da eucaristía, para rematar cun xantar de irmandade.

Máis información: www.caritas.es/mondonedoferrol

Servicio Diocesano de Comunicación

@mondonedoferrol