O teleclube de Castro de Rei levará o nome de Xosé Manuel Carballo

Xosé Manuel Carballo, na Domus Ecclesiae de Ferrol · Autor: Diocese

O sábado terá lugar unha homenaxe ao crego diocesano recentemente falecido

O sacerdote diocesano, recentemente finado, Xosé Manuel Carballo Ferreiro, vai recibir unha homenaxe en Castro de Rei o vindeiro cinco de maio.

Os actos darán comezo ás catro da tarde no cemiterio parroquial de san Martiño de Goberno onde Os Valuros interpretarán “Carballesa”, peza composta por Raúl Gallego, na Honra de Xosé Manuel. A continuación haberá unha ofrenda floral, o rezo dun responso por parte de Javier Rodríguez Couce e o alcalde de Castro de Rei descobrirá unha placa na sepultura onde repousan os restos do homenaxeado, na que se lembra que é Fillo Predilecto de Castro de Rei e haberá unhas palabras do alcalde para fnalizar coa Marcha solemne do Antigo Reino de Galicia, interpretada polos Baluros.

Ás dezasete horas, fóra do antigo teleclub de Castro de Rei, Os Valuros interpretarán varias pezas mentres se concentran os asistentes. A continuación, o alcalde, a familia de Carballo e membros da organización descobrirán a placa coa que se dá o nome de Xosé Manuel Carballo ao Centro Cultural. Xa no interior, vaise descobrir unha fotografía de Xosé Manuel. Logo, proxectarase un vídeo sobre Castro de Rei e Xulio Xiz conducirá o acto.

Estará presente o bispo diocesano, monseñor Luis Ángel de las Heras, CMF.

Servicio Diocesano de Comunicación

@mondonedoferrol