Faleceu o sacerdote Benjamín González Quelle

Mons. De las Heras presidiu o funeral na igrexa parroquial de Burela

Don Benjamín González Quelle naceu fai noventa e un anos na parroquia de San Xoán de Covas (Viveiro), concretamente o 10 de maio de 1927.

Realizou os seus estudios de latín e humanidades, filosofía e teoloxía no Seminario Santa Catalina de Mondoñedo.

Recibiu a ordenación sacerdotal no Congreso Eucarístico Internacional de Barcelona no ano 1952.

Entre os anos 1952 e 1959 exerceu o seu ministerio sacerdotal nas parroquias de Xermar, Lamas, Bestar e Sistallo na Terra Chá.

No ano 1959 pasa a ser cura ecónomo e logo cura párroco de Burela ata a súa xubilación, exercendo tamén como profesor de relixión na formación profesional.

Foi consiliario do Apostolado do Mar, arcipreste durante dous periodos do xa desaparecido arciprestado de Sargadelos e, entre os anos 1977 e 1979, encargouse da atención pastoral de Cervo e Sargadelos.

Últimamente exerceu como cronista oficial do Concello de Burela, cuxo pobo coñecía moi ben e levaba no seu corazón.

Desde fai sete anos estivo retirado na residencia sacerdotal do Seminario de Mondoñedo, onde faleceu.

Don Benjamín foi unha persoa metódica, discreta, intelectualmente inqueda, escritor e poeta, e tamén un sacerdote servicial: os compañeiros sacerdotes sabemos da súa dispoñibilidade para cubrir ausencias e servizos cando era necesario.

Finalmente, paga a pena citar estas palabras que deixou escritas nunha das súas publicacións: “Con la gracia de Dios es posible despegar del suelo y mantenerse en el vuelo, pilotando cada uno la nave de su propia vida, teniendo a la vista la carta de navegacién que nos dejé trazada el Hijo del Hombre en el Sermén de la montana".

Hasta este último domingo, don Benjamín no faltó a su cita con la Virgen de los Remedios, en cuyo santuario de Mondoñedo celebraba la misa domincal de la una.

Descanse na paz do Señor.
 

Referencias en prensa

· Fallece a los 91 años el excura y cronista oficial de Burela Benjamín González Quelle (El Progreso)

· El cura que acabó la iglesia y fue cronista oficial de Burela (La Voz de Galicia)

· Emotivo adiós a Benjamín Quelle, que fue Cronista Oficial de Burela (La Voz de Galicia)

Antonio Rodríguez Basanta

Xove (1950) - Vicario General - Especialista en Catequética

@tonobasanta