A diocese prepárase para vivir a Festa da Misericordia e as '24 horas para o Señor'

Cartel oficial · Autor: Diócesis

Sorprendernos e provocar en nós a necesidade de conversión e misericordia, obxectivos da xornada

Durante os vindeiros días 29 e 30 de marzo no Seminario e Catedral de Mondoñedo

A Vicaría da Misión Misericordiosa e Samaritana organiza para o vindeiro sábado, día 30 de marzo a Festa da Misericordia, que terá lugar no Seminario de Mondoñedo a partires das dez e media da mañá.

Despois da acollida, terá lugar una especie de presentacións simultáneas do tema da misericordia por parte de cada unha das sete delegación diocesanas que coordina esta vicaría: Cáritas, Mans Unidas, Migrantes, Misións, Mar, Saúde e Carretera. Cada unha delas tentará sorprendernos e provocar en nós a necesidade de conversión e de misericordia.

Ás doce terá lugar na Catedral a celebración da Misericordia de Deus, cun momento amplio para as confesións individuais, que estará presidida polo noso bispo. A xornada rematará cun xantar que deberemos levar e que compartiremos xuntos no Seminario.

Desde o arciprestado de Ferrol informan que haberá dispoñible un servizo de autobús con saída ás 9 horas da mañá desde Correos, pasando por Caranza, Roberto (Plaza de España) e Mercedarias, para regresar sobre as 16:30 horas. O prezo da viaxe é de 10 euros.
 

24 horas para o Señor

Ademais, no contexto da Festa da Misericordia, terá lugar na capela de Santa Catalina do Seminario a celebración das «24 horas para o Señor». Estará o Santísimo exposto durante este tempo na capela para todas aquelas persoas que compartir un momento de oración.

Os diversos grupos parroquiais, das delegacións diocesanas ou as diversas seccións da Adoración Nocturna (ANE) e personas a nivel individual deberán comunicar a súa dispoñibilidade a esta vicaría antes do venres, día 29 (enviando un WhatsApp ao número 616 377 300) en orden a establecer o horario. Estas «24 horas para o Señor» empezarán o día 29 ás 15 horas e rematarán co xantar do día 30.