A unidade pastoral de Foz convoca o II Concurso Oracións a María

A iniciativa faise extensiva a toda a diocese e non ten límite de idade

O prazo de presentación das composicións remata o 7 de maio

Sen límite de idade e aberto a toda a diocese

A unidade pastoral de Foz (integrada polas parroquias de San Martiño de Mondoñedo, Vilaronte, Santa Cilla, Fazouro e Foz) vén de facer pública, co gallo do mes de maio, a convocatoria do II Concurso de Oracións a María. Despois da boa acollida que tivo o ano pasado entre os nenos da catequese, os diferentes grupos da unidade pastoral decidiron celebrar de novo este concurso.

Compartimos as bases oficiais, recordándovos que non é só unha actividade para os nenos destas parroquias, senón que pode participar calquera persoa sen límite de idade e situación xeográfica. Soamente hai unha condición que cumprir: as oracións teñen que ser orixinais. Desde a organización indican que tódolos traballos publicaranse tanto no seu blog coma no Twitter.

Se queredes saber máis sobre esta iniciativa e sobre esta unidade pastoral, unha das máis activas da diocese no ámbito da pastoral e da comunicación, premede na seguinte ligazón: https://unidadpastoraldefoz.wordpress.com/

Servicio Diocesano de Comunicación

@mondonedoferrol