Donan oito móbiles ao Centro de Menores 'San Aníbal' de Burela

Os dispositivos permitirán que os residentes poidan facer videochamadas coas súas familias e continúen as tarefas escolares desde a súa casa

Unha iniciativa solidaria da plataforma conectamosvida.com

A plataforma sen ánimo de lucro, conectamosvidas, donou oito equipos móbiles con línea de voz e datos e o seu uso gratuito, gracias á colaboración das empresas LG ESPAÑA, que dona dispositivos móbiles smarthphone para poeder realizar videochamadas, a compañía ORANGE, que dona as tarxetas con voz e datos.

A plataforma conectamosvidas é unha iniciativa do empresario Ignacio Ibañez, da empresa Redradix, que aunou a colaboración destas empresas para conseguir que tanto as persoas que se atopen en hospitais, centros residenciais, etc. podan ter máis fácil a comunicación cos seus seres queridos.

Os centro de menores 'San Aníbal' destinarán estes teléfonos para que os menores residentes podan facer videochamadas de forma sinxela coas súas familias; tamén se distriubirán a nenos e nenas do centro de día para que podan continuar desde a súa casa coas tarefas escolares, xa que non contan con Internet nin con equipos informáticos.

A dirección do centro agradece esta colaboración.

Fonte: Centro 'San Aníbal'

Servicio Diocesano de Comunicación

@mondonedoferrol