|
diocese de mondoñedo-ferrol
a historia da diocese
|
| |
| |
| |
| |
|
A Igrexa surxe da vontade do Pai para a salvación dos homes; da
misión do Fillo,
entregado por todos; e do envío do Espíritu Santo, o amor que da
vida, como nos recorda o Vaticano II (LG 2-4).
A prolongación
histórica desta verdade faise presenza e realidade en cada Igrexa particular que, presidida por un
bispo e en comunión co Papa, fai real o misterio de comunión dos homes con Deus,
entre si mesmos e coa creación enteira. |
| |
|
| |
|
| |
A nosa
Igrexa
mindoniense-ferrolá afunde
as súas raíces na primitiva cristianización
de Galicia. A parte da tese da evanxelización de Galicia por Santiago
Apóstol, en cuxo auxilio ven máis a arqueoloxía que outras fontes, la fe
cristiá puido chegar a estas terras do noroeste hispánico poas lexións romanas asentadas en Lugo
e, de forma máis clara, a través dos
bretóns, de cuxa Igrexa temos testemuña clara a mediados do século VI na actual parroquia de Santa Maria de Bretoña, no
moi lonxe da actual
Mondoñedo.
Sen embargo, para nós, a
confirmación dunhas Igrexas estables na Gallaecia romana, fieis a
Roma e cunha estructura semellante á actual, a atopamos coa
figura de San Martín de Dumio. Martín de Dumio o de Braga é uno dos
grandes persoaxes da antiga literatura latina hispano-cristiá. Segundo él mesmo confesa, era oriundo de Panonia (Hungría)
e ven á
península Ibérica no ano 530 para catequizar aos bárbaros do Reino
Suevo. Funda un mosteiro en
Dumio (preto de Braga)
e dende ese
mosteiro evanxeliza o norte de Portugal e Galicia. Os seus escritos de
carácter catequético, moral e teolóxico chegaron a nós. Podemos
dicir que a Martín e ós seus monxes débeselles a evanxelización e división
de Galicia en dióceses e parroquias. |
|
 |
| |
|
| |
|
| |
|
| |
 |
|
Esta reseña histórica xeral para Galicia ten, trescentos anos máis tarde, una vivísima relación coa
nosa Igrexa particular. A causa das persecucións e incursións dos
sarracenos na Península Ibérica, a poboación ten que fuxir cara o norte. O abade de Dumio,
chamado
Savarico I, cos seus monxes,
fuxe ó norte de Galicia e establécese, en torno ó ano 860, na actual
parroquia de
San Martín de Mondoñedo,
preto de Foz. É probable que
os monxes dumienses veñan a este lugar por algún tipo de vinculación
anterior.
Aquí está, pois, a raíz da
actual Igrexa mindoniense ferrolá. Dumio é o lugar de onde parte o
anuncio da fe e da renovación dos costumbres para estas terras noroccidentales
da Gallaecia romana; Dumio é o símbolo da inculturación da fe no Reino Suevo.
Dumio é o punto de referencia
de comunión destas comunidades coa fe da Igrexa Católica. Dumio é o lugar
onde veñen os monxes que darán forma e estructura a esta
Igrexa Particular en comunión coa Igrexa Universal.
Figuras egrexias desta etapa
son
San Rosendo e San Gonzalo. Trasladada
a sé á
actual Mondoñedo, cun breve espazo de tempo en Ribadeo, así permaneceu ata
o ano 1959, no que á denominación de Mondoñedo añadiuse a de Ferrol.
Bispos que deixaron un forte
impacto neste longo periodo foron: don Diego de Soto, frei Antonio de
Guevara, frei Juan Munoz e Salcedo, frei Alejandro Sarmiento e, máis
próximo a nós, don Manuel Fernández de Castro, o "Bispo Santo".
|
| |
|
| |
|
| |
|
| |
Na actualidade, a
Diócese de Mondoñedo-Ferrol
ocupa a
parte máis septentrional de Galicia; os seus limites son o Océano
Atlántico e o Mar Cantábrico polo norte, a Diócese de Lugo polo sur, a Arquidiócese de Oviedo polo
leste e a de Santiago de Compostela polo oeste. A Diócese abarca 4.500 kilómetros
cadrados e algo máis de trescentos mil habitantes, repartidos en
424 parroquias e sete arciprestados. |
| |
|
(c) diocese de mondoñedo-ferrol
www.mondonedoferrol.org
2008 mcs@mondonedoferrol.org
|
|