Delegación del Clero

Delegado
M. I. Sr. D. Antonio Rodríguez Basanta
981 353 295 | 670 248 594
vicarioxeral@mondonedoferrol.org

 

· CIRCULAR: ENCUENTRO DE FORMACIÓN PERMANENTE enero 2020

Estimado compañeiro e irmán:

Ante todo desexarche que te encontres ben e que o novo ano que estamos comezando sexa para ti e para todos unha nova etapa de bendicións do Señor.

Paso a anunciarche, segundo o previsto na programación da delegación do Clero, a seguinte convocatoria da nosa formación permanente: o vindeiro martes, día 14, a partires das 10:30 hs. no Seminario de Mondoñedo, coa seguinte orde do día:

Tema: "Protección de menores, desafío para toda la Iglesia. Camino recorrido y retos de futuro”. Relator: D. Carlos Martínez Oliveras, CMF, director do Instituto Teolóxico de Vida Relixiosa de Madrid e coordinador do curso de Protección de Menores de dito Instituto, en colaboración co Centro de Protección de Menores da Pontificia Universidade Gregoriana.

Horario:
› 10,30: Acollida - Hora Intermedia e presentación do relator.
› 11,00 -12,00: Relatorio.
› 12,00 -12,30: Descanso café.
› 12,30 - 13,30: Relatorio y diálogo co relator.
› 13,45 - Xantar.

Un tema práctico: se quedamos a xantar temos que avisar con antelación ao
Seminario (tfno. 982 521 000). O prezo da comida é de 10 €.

Sen máis, recibe un saúdo fraterno.

Antonio Rodríguez Basanta
 

Servicio Diocesano de Comunicación

@mondonedoferrol