Delegación del Clero

Delegado
M. I. Sr. D. Antonio Rodríguez Basanta
981 353 295 | 670 248 594
vicarioxeral@mondonedoferrol.org
 

· Circular: Retiros de Coresma 2019 e outras citas de interese

Estimado compañeiro e irmán:

De novo che mando esta carta para lembrarche desde a delegación do clero e de acordo coa programación deste curso pastoral, o seguinte:

· Retiros de Coresma no mes de marzo, impartidos polo noso bispo:

- Día 11, luns, no Seminario de Mondoñedo.

- Día 12, martes, na casa parroquial.

- Día 13, mércores, en Ferrol, na parroquia de Caranza.
Comezarán á partires das 10:30 horas e ó remate podemos xantar xuntos.

· Misa Crismal, martes 16 de abril ás 11:30 h. na Concatedral de San Xiao-Ferrol. Estamos invitados a xantar na Domus ás 13:30 h. Hai que avisar ó tfno. 981 353 295 ou a min persoalmente ó 670 248 594.

Tamén che recordo para que o teñas presente na túa axenda, que do 1 ó 5 de xullo teremos a segunda convocatoria de exercicios espirituais no Seminario que impartirá o Sr. Bispo de Teruel, D. Antonio González Cantero.

Sen máis polo de agora, recibe un cordial saúdo.

Antonio Rodríguez Basanta
Vicario xeral e delegado do Clero