O bispo anima en Santiago a loitar pola reconciliación entre infractor e vítima

Durante a súa participación no IV Encontro Interdiocesano de Pastoral Penitenciaria, que neste 2016 organizou a nosa diocese

"Tres palabras clave: responsabilidad, reparación y rehabilitación"

O 1 de outubro, Mons. Luis Ángel de las Heras participou no IV Encontro interdiocesano de Pastoral Penitenciaria cun relatorio titulado “O cárcere como lugar teolóxico do acontecer de Deus“. Empezou sinalando que así como o cárcere é un lugar que non gusta, nela o encontro coas persoas é gozoso. Ademais, a prisión é un lugar teologal en canto que nela se multiplican os cristos sufrintes. Aínda que o cárcere despersonaliza, ante Deus un pode mostrarse dunha maneira auténtica.

En canto ao que se debe facer, Mons. Luis Ángel de las Heras manifestou que era necesario facer modificacións no sistema penal para que o faga menos inhumano, tendo máis en conta, por exemplo, á vítima. E polo que respecta á Igrexa, esta debe continuar co seu compromiso humanizador, solidarizarse cos presos porque “son fillos da misericordia de Deus e reais ou potenciais irmáns en Cristo“.

Fonte: Diocese de Lugo. Servizo de Comunicación