Nota de prensa: Xornada da Vida Consagrada na diocese

Para que os párrocos poidan comunicar nas misas do último fin de semana de xaneiro de 2017

Benquerid@ amig@:

· O vindeiro día 2 de febreiro celebramos a Xornada Mundial da Vida Consagrada.

· O lema deste ano en España é «Testemuñas da esperanza e da alegría».

· Non é unha celebración das persoas consagradas, senón de todo o pobo de Deus, que agradece ao Señor este don, o aprecia e o valora.

· Por iso, en comuñón coa Igrexa universal, estamos todos invitamos dar grazas a Deus polas Ordes e Institutos relixiosos, contemplativos e apostólicos, polas Sociedades de vida apostólica, polos Institutos seculares, pola Orde das virxes, polas Novas Formas de vida consagrada e por outros grupos de consagrados.

· Sentímonos chamados a dar grazas a Deus especialmente polas comunidades e persoas consagradas da nosa diocese, que son motivo de gozo e esperanza para a Igrexa de Mondoñedo-Ferrol. Todos ou case todos coñecemos algunha comunidade e, por suposto, algunha persoa consagrada entre nós.

· Con este motivo, estamos invitados ás celebracións que terán lugar o día 1 de febreiro ás 18 horas na Catedral de Mondoñedo e o día 2 ás 19:30 horas na Concatedral de Ferrol. Ambas serán presididas polo bispo e as persoas consagradas renovarán ante Deus e a Igrexa a súa consagración.

Mondoñedo-Ferrol, 27 de xaneiro de 2017

Gonzalo Folgueira Fernández
Vigairo para a Vida Consagrada