O bispo Luis Ángel convoca aos xóvenes da diocese á unha oración mensual

Os encontros basearánse na oración, o silencio e a escoita da Palabra de Deus

Este sábado 22, na capela da residencia episcopal de Mondoñedo ás 11 horas

Unha vez máis diríxome a ti para convocarche a unha das iniciativa que vén levando adiante, con unha resposta magnífica, o noso bispo Luis Ángel coa xente máis nova dos nosos grupos e comunidades: a oración mensual.
 

Destinatarios

Rapaces/as a partir de 16 anos, aunque sempre queda ao criterio dos animadores das parroquias e comunidades.
 

Lugar

Capela da residencia episcopal en Mondoñedo, ás 11 da mañá.
 

Próximas datas 2018-2019

· Outubro: día 20
· Novembro: día 24
· Decembro: día 22

· Xaneiro: día 26
· Febreiro: día 16
· Marzo: día 16
· Abril: día 6
· Maio: día 11
· Xuño: día 15

Como xa vos comentaba, a idea é ter un encontro mensual, que será preparado e animado por cada arciprestado cada vez, no que o bispo diocesano terá unha intervención. Os encontros durarán en torno aos cincuenta minutos, e pretenden ser un rato de silencio, oración e escoita da Palabra do Señor.

Ben sei que todos estamos enredados en moitas tarefas pastorais, e que cos máis xoves non sempre é un traballo fácil, pero si pode ser un intento que pode prender, se o animamos, como sucede noutros lugares. Este é un punto de partida, que coa axuda do Espírito do Señor e a nosa colaboración, pode ir facéndose realidade.

Prégoche que o difundas, que o animes, invites,... logo, xa os mesmos rapaces/as se encargarán de dalo a coñecer.