Aberto o prazo de inscrición para o Campamento Diocesano

· Autor: CCD Mondoñedo-Ferrol

A cita desenvolverase en Mondoñedo, do 20 ao 29 de xullo

Para rapaces e rapazas nacidos entre os anos 2000 e 2009

¿Xa sabes que vas facer durante os últimos días de xullo? ¿Queres embarcarte nunha aventura incrible este verán? Estate atento pois agora mesmo tes entre as túas mans a proposta ideal para desfrutar dunha maneira especial de parte dos teus días de vacacións, tes o mellor motivo para saír da casa en busca de novas emocións, tes a escusa perfecta para coñecer un montón de amigos...

Como vén sucedendo dende fai case corenta anos, o Colectivo Campamento Diocesano de Mondoñedo-Ferrol, en colaboración coa delegación de Infancia e Xuventude da nosa diocese, organiza un campamento para rapaces (nacidos entre os anos 2000 e 2009) durante o mes de xullo no Seminario menor Santa Catalina en Mondoñedo.

Dende estás páxinas queremos ensinarvos un pouquiño todas esas cousas das que ides poder desfrutar en Mondoñedo durante os días do campamento. Se xa pasaches con nós algún verán máis, seguro que estás agardando a que chegue o momento de marchar para o campamento; se estás pensando en vir por primeira vez, non o dubides máis, seguro que repetirás. 
 

Se naciches entre os anos 2000 e 2009… ANÍMATE!

· Se desexas embarcarte nunha aventura fantástica

· Se queres saborear dunha forma diferente as vacacións

· Se tes ganas de facer novos amigos

· Se che apetece desfrutar da natureza

· Se queres descubrir novos lugares

· Se queres coñecer un pouquiño máis a Xesús…

Síntete invitado, e anima a quen queiras a desfrutar do campamento con nós. E se naciches no 1999 ou antes e queres colaborar con nós durante os días do campamento non tes máis que preguntar no noso correo electrónico.
 

· CANDO: do 20 ó 29 de xullo de 2018

· ONDE: Seminario menor Santa Catalina de Mondoñedo

· PARA QUEN: Rapaces e rapazas nados entre os anos 2000 e 2009

· PREZO: 130 €
 

MÁIS INFORMACIÓN

Web: http://campadiocesano.wixsite.com

Email: campadiocesano@hotmail.com

Móvil: 644 028 949

Tamén podes preguntar na túa parroquia ó teu cura ou catequista.


Recorda que as prazas son limitadas así que non esquezas enviar a ficha de preinscrición antes do 18 de xuño de 2018