Os xóvenes, protagonistas na Vixilia de Pentecostés da diocese

Será o vindeiro sábado 19 de maio no Seminario de Mondoñedo

Benquerido/a amigo/a:

 
Poñémonos en contacto contigo para convocarte á Vixilia de Pentecostés que terá lugar en Mondoñedo, o vindeiro día 19 de maio, sábado, co seguinte horario:

· 19.00h.- Acollida e encontro no Seminario Santa Catalina.

· 20.00h.- Vixilia de Pentecoste na Catedral presidida polo pispo diocesano, P. Luis Ángel de las Heras.


Queremos invocar ao Espírito do Señor, que constrúe a Igrexa, nesta etapa que estamos a vivir na diocese, para poder sermos mellores discípulos misioneiros, e levar adiante a nosa misión na Igrexa. Queremos facelo en comunidade, xuntos toda a familia diocesana.

É un encontro aberto a todos, a calquera idade, así que só che pedimos que te animes e invites a quen creas oportuno. Pregámosche que nos comuniques cántos ides participar antes do día 18 maio, por cuestións organizativas (avisade no Seminario de Mondoñedo).

Máis nada, esperando atoparnos ese día, recibe un cordial saúdo.

Gonzalo Varela Alvariño
Antonio Valín Valdés