Doar órganos é un xesto de amor

Só quen da a súa vida poderá salvala (cf. Lc 9, 24)

Comunicado de ALCER ante o Día do Doador de Órganos 2018

O mércores 6 de xuño celébrase o Día do Doador/a de Órganos. Como homes e mulleres seguidores de Cristo resucitado, animados pola forza do Espírito, a Igrexa católica convídanos a realizar xestos altruístas que testifiquen o amor de Cristo, facéndonos doadores de órganos, dando vida a quen se atopa en dificultades e prolongando a nosa vida despois da morte.

Así o expresa o catecismo da Igrexa Católica no nº 2296: “.. a doazón de órganos despois da morte é un acto nobre e meritorio que debe ser alentado como manifestación de solidariedade xenerosa...”.

San Juan Pablo II, na carta encíclica Evangelium Vitae, lembrounos que entre os xestos que contribúen a alimentar unha auténtica cultura da vida "merece especial recoñecemento a doazón de órganos, realizada segundo criterios eticamente aceptables, para ofrecer unha posibilidade de curación e incluso de vida, a enfermos, se cadra, sen esperanzas" (n. 86).

Benedicto XVI, nun discurso aos participantes nun congreso internacional sobre doazón de órganos, dixo: “A doazón de órganos é unha forma peculiar de testemuña da caridade… Existe unha responsabilidade do amor e da caridade que compromete a facer da propia vida un don para os demais, se se quere verdadeiramente a propia realización”.

E o papa Francisco anímanos a facernos doadores de órganos detendo, deste xeito, o tráfico ilegal de órganos. “Doar órganos é un xesto de amor, pero entrar nunha espiral de comercio e venda, é un crime”.

Dende a Federación de persoas con enfermidade renal de Galicia (Federación ALCER Galicia) animámoste a entrar nas páxinas web das nosas asociacións (http://alcercoruna.org, http://alcerlugo.org) para solicitar o teu carné de doador/a de órganos.