Na festa da Virxe do Carme

Imagen de la Virgen del Carmen. Eucaristía en el puerto de Cariño (2018) · Autor: Diócesis
"Non hai pobo da costa que non venere á Virxe do Carme e non a teña como patroa e intercesora: cantos momentos de angustia e incerteza se viven tanto no mar como en terra!"

Celebrar a festa da Virxe do Carme é agradecerlle a Deus o ter á Virxe María como patroa, nai e intercesora nas nosas vidas.

A devoción á Virxe do Carme ten unha longa historia e representa variados matices que val a pena recordar neste seu día:

- A orixes desta historia comeza xa no Antigo Testamento, concretamente no século IX antes de Cristo, cando o profeta Elías, precisamente por fiel ó Deus de Israel fronte ós ídolos pagáns, era perseguido e se refuxia no monte Carmelo. De aí a referencia na oración de inicio da eucaristía deste día, cando lle pedimos á Virxe María que “nos axude e nos faga chegar a Cristo, monte de salvación”.

- Nos séculos XII e XIII nace e se vai consolidando en torno ó monte Carmelo, a Orde dos Carmelitas. Unha orde contemplativa masculina e feminina, con grandes santos, que invoca á Virxe María como “estrela de salvación” e que vai difundindo por toda a cristiandade a devoción ó seu escapulario.

- Xa entre nós, e desde fai séculos, a Virxe do Carme é asociada á xente do mar. Non hai pobo da costa que non venere á Virxe do Carme e non a teña como patroa e intercesora: cantos momentos de angustia e incerteza se viven tanto no mar como en terra! Cantas veces os pescadores, mariñeiros e os marinos invocaron e seguen invocando á Virxe do Carme cando se ven en apuros! Cantas veces tamén esta invocación foi escoitada e atendida pola Nai de aquel, Xesús, a “quen ata o vento e mar lle obedecen”!

Neste “Día das xentes do Mar” a Igrexa dinos que “a xente do mar reclama a nosa atención”: atención ós seus problemas e dereitos, non sempre atendidos e respectados; atención ós emigrantes e refuxiados que arriscan as súas vidas fuxindo da miseria, da explotación e da violencia, moitos deles afogados no mar; atención ó mesmo medio mariño como ámbito natural e recurso biolóxico e tamén turístico que temos que coidar entre todos e do que depende o futuro do noso planeta.

Quixera rematar con esta sinxela oración á Virxe do Carme:

"Tengo mil dificultades: ayúdame.
De los enemigos del alma: sálvame.
En mis desaciertos: ilumíname.
En mis dudas y penas: confórtame.
En mis enfermedades: fortaléceme.
Cuando me desprecien: anímame.
En las tentaciones: defiéndeme.
En horas difíciles: consuélame.
Con tu corazón maternal: ámame.
Con tu inmenso poder: protégeme.
Y en tus brazos al expirar: recíbeme.
Virgen del Carmen, ruega por nosotros.
Amén
"

Publicado: 16/07/2018: 518
Antonio Rodríguez Basanta

Xove (1950) - Vicario General - Especialista en Catequética

@tonobasanta