No 80º aniversario da Ofrenda á Virxe dos Remedios, patroa da diocese

Homilía do bispo Luis Ángel e ofrenda do Excmo. Concello de Ortigueira

"A diocese de Mondoñedo-Ferrol quere coidar e acompañar a fe da Igrexa que peregrina no Norte de Galicia formando comunidades cristiás vivas, fortalecidas e esperanzadas"

Rvdo. Sr. Reitor do Santuario dos Remedios e demáis irmáns sacerdotes

Excelentísima Sra. Dna. Ángeles Vázquez, conselleira do Medio Rural

Excelentísimo Sr. D. Miguel Ángel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia

Excelentísimo Sr. D. Jaime de la Puente, representante do almirante xefe do Arsenal Militar de Ferrol

Excelentísimos señores senadores e deputados

Ilustrísima Sra. Dna. Isabel Rodríguez, subdelegada do Goberno en Lugo

Ilustrísimo Sr. D. José Manuel Balseiro, delegado da Xunta de Galicia en Lugo

Ilustrísimos señores parlamentarios de Galicia, señores deputados provinciais

Ilustrísimo Sr. D. Juan Penabad, alcalde de Ortigueira e oferente deste ano, e corporación municipal

Ilustrísima Sra. Dna. Elena Candia, alcaldesa de Mondoñedo e corporación municipal

Ilustrísimos alcaldes e alcaldesas das corporacións municipais da Diocese de Mondoñedo-Ferrol e demáis ilustrísimas autoridades

Queridos nenos oferentes, Guillermo e Marta, e familias

Queridas Coral Polifónica, Banda de Música e Escuela de Gaitas de Ortigueira

Cofrades, familias, irmáns e irmás benqueridos todos
 

Agradezo, querido Sr. Alcalde de Ortigueira, cada unha das súas palabras dirixidas á Virxe dos Remedios. Agradecerán igualmente os necesitados a axuda que reciban grazas á ofrenda solidaria que portaron Guillermo e Marta.

Ano tras ano, cumprindo ata oitenta, realizouse esta ofrenda dos concellos cabeza de partido da diocese de Mondoñedo-Ferrol. Coma vostede recordou, igual ca onte chegan hoxe á Nosa Señora dos Remedios as angustias e tristezas, alegrías e esperanzas dos homes e mulleres destas fermosas terras e mares, montes, vales e costas.

Pronunciou vostede unhas sentidas palabras, coa esperanza de poder tomar forzas suficientes para superar as dificultades non soamente das nosas xentes, senón de toda a humanidade. A ofrenda, Sr. Alcalde, irmáns e irmás, expresa como podemos comprometernos na busca de solucións, sen esperar que nada nin ninguén nos dea feito o que somos capaces de facer nós mesmos. Sobre todo, o que somos capaces de facer en favor dos máis necesitados e vulnerables: homes, mulleres e nenos, vítimas do males que recordara antes.

Por iso, reitero a petición que facía vostede, de xeito que os representantes públicos teñan intelixencia política para resolver problemas. E engado á súa petición que todos aprendamos e esteamos dispostos ao compromiso con espírito construtivo e dialogante, para solucionar eses problemas con sacrificio, tesón, honestidade e humildade.

Como fillos que somos e nos sentimos, a nosa ofrenda, irmáns e irmás, implora a protección e axuda da nosa Nai. Consiste en pedir, si; pero dispostos a dar. Coma ben saben dicir na costa: «Rezamos, pero seguimos remando».

Cada un dos problemas que enumerou o Sr. Alcalde de Ortigueira, D. Juan Penabad, ben merece un serio compromiso fortalecido na fe que imploramos por mediación da Virxe dos Remedios.

A diocese de Mondoñedo-Ferrol quere coidar e acompañar a fe da Igrexa que peregrina no Norte de Galicia formando comunidades cristiás vivas, fortalecidas e esperanzadas. Comunidades que se comprometan con outros na superación dos problemas que teñen tódalas xentes de Galicia coas que camiñamos.

Necesitamos orar e traballar, rezar e remar, para ir asimilando con serenidade, fe e esperanza, os cambios que cómpre facer na nosa Igrexa, de xeito que —fieis laicos, matrimonios e familias, persoas consagradas, seminaristas, sacerdotes e bispo—, alumemos unha Igrexa misioneira, coma nos propón o papa Francisco, neste lugar de Deus que é Mondoñedo-Ferrol. Suporá renuncias, pero traeranos abundantes froitos se somos xenerosos e permanecemos unidos ao Señor e entre nós.

Parte dese proxecto que intenta que a Igrexa responda mellor aos retos destes tempos é o proceso de constitución de unidades pastorais en toda a diocese. Hoxe son algunhas as parroquias agrupadas en unidades pastorais. Pero tódalas parroquias chegarán a esta nova situación que habemos de preparar cun corazón cristián aberto á graza, á comuñón diocesana e á esperanza. Será, por tanto, ocasión de conversión, desterrando calquera actitude particularista, egoísta ou excluínte.

Seguindo a estela de construción do Reino de Deus e da súa xustiza, que funde as súas raíces nos oitenta anos que hoxe se lembran, pero máis aínda en séculos de historia de fe e de Igrexa, temos que ser conscientes do noso rol e da nosa responsabilidade histórica. Efectivamente, pedimos fortaleza para desempeñala, e limpeza de corazón para que nos permita presentar unha ofrenda agradable a Deus e á súa Nai, a Nosa Señora dos Remedios.

Por tanto, sexamos oferentes responsables poñendo no primeiro lugar a calquera persoa que sofre. Sexamos oferentes xenerosos que entregan o que teñen sementado no corazón cristián e que necesita frutificar: amor, esperanza, paz, solidariedade, proximidade aos máis pobres, acollida aos estranxeiros, coidado da vida dende a súa concepción ata a súa fin, que ten que ser respectada en todo caso polos seres humanos, coidado da creación que nos permite vivir saudablemente mentres peregrinamos nesta terra.

A Virxe María, a Nosa Señora dos Remedios, é sinal da humanidade nova fundada e recapitulada en Cristo Xesús. Ela é portadora de Xesucristo e, porén, quen máis nos axuda a encontrarnos con El, que é o mellor que lle pode ocorrer a un ser humano. O encontro con Cristo levaranos a experimentar con gozo e sentido pleno o Magníficat, coma a Virxe María cando visita a súa prima Isabel, tal coma escoitamos no Evanxeo.

Así todos, como Igrexa particular, e cada un, coma fillo desta diocese, ao ver frutificar a súa ofrenda poderá proclamar a grandeza de Deus, alegrarse nel, que se fixou en nós, e agradecer as obras que Deus ten feito na nosa vida. Igualmente, daremos testemuña da misericordia de Deus, da que ninguén pode quedar excluído, e recoñeceremos, sen rancor nin violencia, como o Señor dispersa aos soberbios, derriba aos que exercen o poder con opresión e corrupción, despide baleiros aos soberbios que se poñen por riba dos demais. Ao mesmo tempo, agradeceremos e alegrarémonos porque El reconforta e enaltece aos humildes, porque colma de bens aos necesitados querendo contar coa nosa colaboración xenerosa.

A Nosa Señora dos Remedios invítanos a cantar con Ela as grandezas de Deus e a continuar a nosa peregrinación con novos signos de vida, de amor e de esperanza, nestes tempos de cambios tamén para a Igrexa e para a vivencia da fe. Cambios que nos han de levar a vivir a vida de Xesús de Nazaret, unha abundante vida nova: a que toda persoa espera. Amén.
 

ESPAÑOL

Rvdo. Sr. Rector del Santuario de los Remedios y demás hermanos sacerdotes

Excelentísima Sra. Dña. Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Rural

Excelentísimo Sr. D. Miguel Ángel Santalices, presidente del Parlamento de Galicia

Excelentísimo Sr. D. Jaime de la Puente, representante del almirante jefe del Arsenal Militar de Ferrol

Excelentísimos señores senadores y diputados

Ilustrísima Sra. Dña. Isabel Rodríguez, subdelegada del Goberno en Lugo

Ilustrísimo Sr. D. José Manuel Balseiro, delegado de la Xunta de Galicia en Lugo

Ilustrísimos señores parlamentarios de Galicia y señores diputados provinciales

Ilustrísimo Sr. D. Juan Penabad, alcalde de Ortigueira y oferente de este año y corporación municipal

Ilustrísima Sra. Dña. Elena Candia, alcaldesa de Mondoñedo, y corporación municipal

Ilustrísimos alcaldes y alcaldesas de las corporaciones municipales de la Diócesis de Mondoñedo-Ferrol y demás ilustrísimas autoridades

Queridos niños oferentes, Guillermo y Marta, y familias

Queridas Coral Polifónica, Banda de Música y Escuela de Gaitas de Ortigueira

Cofrades, familias, hermanos y hermanas bien queridos todos


Agradezco, querido Sr. Alcalde de Ortigueira, cada una de sus palabras dirigidas a la Virgen de los Remedios. Agradecerán igualmente los necesitados la ayuda que reciban gracias a la ofrenda solidaria que han portado Guillermo y Marta.

Año tras año, cumpliendo hasta ochenta, se ha realizado esta ofrenda de los concellos cabeza de partido de la diócesis de Mondoñedo-Ferrol. Como usted ha recordado, igual que ayer llegan hoy a Nuestra Señora de los Remedios las angustias y tristezas, alegrías y esperanzas de los hombres y mujeres de estas hermosas tierras y mares, montes, valles y costas.

Ha pronunciado punas sentidas palabras sentidas con la esperanza de poder tomar fuerzas suficientes para superar las dificultades no solo de nuestras gentes, sino de toda la humanidad. La ofrenda, Sr. Alcalde, hermanos y hermanas, expresa cómo podemos comprometernos en la búsqueda de soluciones, sin esperar que nada ni nadie nos dé hecho lo que somos capaces de hacer nosotros. Sobre todo, lo que somos capaces de hacer a favor de los más necesitados y vulnerables: hombres, mujeres y niños, víctimas de los males que ha recordado antes.

Por eso reitero la petición que hacía usted, de modo que los representantes públicos tengan inteligencia política para resolver los problemas. Y añado a su petición que todos aprendamos y estemos dispuestos al compromiso con espíritu constructivo y dialogante para solucionar esos problemas con sacrificio, tesón, honestidad y humildad.

Nuestra ofrenda, hermanos y hermanas, dirigida a la Madre para implorar su protección y ayuda como hijos suyos que somos y nos sentimos, consiste en pedir, pero dispuestos a dar. Como bien saben decir en la costa: rezamos, pero seguimos remando.

Cada uno de los problemas que ha enumerado el Sr. Alcalde de Ortigueira, D. Juan Penabad, bien merece un serio compromiso fortalecido en la fe que imploramos por mediación de la Virgen de los Remedios.

La diócesis de Mondoñedo-Ferrol quiere cuidar y acompañar la fe de la Iglesia que peregrina en el Norte de Galicia formando comunidades cristianas vivas, fortalecidas y esperanzadas. Comunidades que se comprometan con otros en la superación de los problemas que tienen todas las gentes de Galicia con las que caminamos.

Necesitamos orar y trabajar, rezar y remar, para ir asimilando con serenidad, fe y esperanza, los cambios que hacen falta en nuestra Iglesia de modo que —fieles laicos, matrimonios y familias, personas consagradas, seminaristas, sacerdotes y obispo—, alumbremos una Iglesia misionera, como nos propone el papa Francisco, en este lugar de Dios que es Mondoñedo-Ferrol. Supondrá renuncias, pero nos traerá abundantes frutos si somos generosos y permanecemos unidos al Señor y entre nosotros.

Parte de ese proyecto que intenta que la Iglesia responda mejor a los retos de estos tiempos, es el proceso de constitución de unidades pastorales en toda la diócesis. Hoy son algunas las parroquias agrupadas en unidades pastorales. Pero todas las parroquias llegarán a esta situación nueva que hemos de preparar con un corazón cristiano abierto a la gracia, a la comunión diocesana y a la esperanza. Será, por tanto, ocasión de conversión desterrando cualquier actitud particularista, egoísta o excluyente.

Siguiendo la estela de construcción del Reino de Dios y su justicia, que hunde sus raíces en los 80 años que hoy se recuerdan, pero más aún en siglos de historia de fe y de Iglesia, hemos de ser conscientes de nuestro papel y nuestra responsabilidad histórica y, efectivamente, pedimos fortaleza para desempeñarla y limpieza de corazón para que nos permita presentar una ofrenda agradable a Dios y a su Madre, Nuestra Señora de los Remedios.

Por tanto, seamos oferentes responsables poniendo en primer lugar a cualquier persona que sufre. Seamos oferentes generosos que entregan lo que tienen sembrado en el corazón cristiano y necesita fructificar: amor, esperanza, paz, solidaridad, cercanía a los más pobres, acogida a los extranjeros, cuidado de la vida desde su concepción hasta el fin, que ha de ser respetada en todo caso por los seres humanos, cuidado de la creación que nos permite vivir saludablemente mientras peregrinamos en esta tierra.

La Virgen María, Nuestra Señora de los Remedios, es señal de la humanidad nueva fundada y recapitulada en Cristo Jesús. Ella es portadora de Jesucristo y, por tanto, quien más nos ayuda a encontrarnos con Él, que es lo mejor que le puede ocurrir a un ser humano. El encuentro con Cristo Jesús nos llevará a experimentar con gozo y sentido pleno el Magníficat, como la Virgen María cuando visita a su prima Isabel, tal y como hemos escuchado en el Evangelio.

Así todos, como Iglesia particular, y cada uno, como hijo de esta diócesis, al ver fructificar su ofrenda podrá proclamar la grandeza de Dios, alegrarse en Él que se ha fijado en nosotros y agradecer las obras que Dios ha hecho en nuestra vida. Igualmente, daremos testimonio de la misericordia de Dios de la que nadie puede quedar excluido y reconoceremos, sin rencor ni violencia, cómo el Señor dispersa a los soberbios, derriba a los que ejercen el poder con opresión y corrupción, despide vacíos a los soberbios que se ponen por encima de los demás. Al mismo tiempo, agradeceremos y nos alegraremos porque Él reconforta y enaltece a los humildes y colma de bienes a los necesitados queriendo contar con nuestra colaboración generosa.

Nuestra Señora de los Remedios nos invita a cantar con Ella las grandezas de Dios y a continuar nuestra peregrinación con nuevos signos de vida, amor y esperanza en estos tiempos de cambios también para la Iglesia y para la vivencia de la fe, que nos han de llevar a vivir la vida de Jesús de Nazaret, una abundante vida nueva: la que toda persona espera. Amén.

Mons. Luis Ángel de las Heras Berzal, CMF

Segovia (1963) - Obispo de Mondoñedo-Ferrol - Misionero claretiano

cmf@luisangel