Encontro interdiocesano de Pastoral Xuvenil en Lugo

· Autor: Diocese de Lugo

A formación de líderes evanxelizadores e a Xornada Mundial da Xuventude de Panamá, entre as propostas más salientables

Dúas veces ao ano as delegacións de Mocidade das cinco dioceses galegas manteñen un encontro para programar actividades conxuntamente, valorar o feito e apoiarse entre si. Unha desas reunións foi o 29 de novembro en Lugo: estivo presidida polo bispo da diocese, monseñor Alfonso Carrasco, revisouse o programa de formación de líderes evanxelizadores que está en marcha, GEN, e viuse a programación da Xornada Mundial da Xuventude en Panamá, a peregrinación a Fátima e actividades que se farán durante o verán.

En representación de Mondoñedo-Ferrol estivo o noso delegado, Antonio Valín Valdés. 

Podemos visitar o bloga da nosa delegación premendo neste enlace

Fonte: Diocese de Lugo