'El Espejo' (22.02.2019): La Pastoral Rural: haciendo red en la vida del campo

Dirige y presenta Baruc Domínguez

Magacine semanal de información diocesana emitido a través de la Cadena COPE

Manolo Regal: "A soidade no rural é unha situación moi dura para a xente maior. A Igrexa ten que estar preto deles"

A realidade da Pastoral Rural na nosa diocese ás veces pasa desapercibida. Para a xente que non a coñeza de primeira man, fixamos esta entrevista co delegado en Mondoñedo-Ferrol, Manolo Regal. Recentemente o equipo da delegación vén de facer pública un decálogo de propostas que non van deixar indiferente a ninguén: a formación, a mocidade, a atención aos maiores, as novas unidades pastorais, etc. Unha aposta nova e fresca nestes tempos de cambio na diocese e na Igrexa.