Así é o primeiro logo oficial da diocese: ¡Coñecédeo!

Logo oficial · Autor: Anónimo

A 'M', a 'F' e a cruz, dous colores para seguir mirando cara ao futuro nunha diocese en misión

O novo logo diocesano

- Logo [abreviatura de logotipo]

- Conxunto de letras ou/e signos que representan a unha institución, sociedade, empresa ou marca.

- No noso caso sería o logotipo que representa á nosa Igrexa Diocesana de Mondoñedo-Ferrol.

- O logo diocesano quere ser a nosa imaxe corporativa e institucional.

- O noso obxectivo é que aqueles que vexa este logo o identifiquen coa nosa diocese de Mondoñedo-Ferrol.
 

MF+

- O logo está formado polos trazos de dúas letras [M e F] que inclúen unha cruz [+].

- «M» de Mondoñedo, a sé da nosa diocese.

- «M» de Monte [lugar de revelación na tradición bíblica; así o Monte Sinaí, o Monte Sión, o Monte das Benaventuranzas, o Monte Tabor, o Monte Calvario, ¿e o Padornelo?].

- «M» de Montaña [a corda que atravesa toda a nosa diocese desde Cedeira e Ortigueira ata Ribadeo e A Pontenova, coma se fose o seu espiñazo].

- «M» de Mar [os dous mares da nosa diocese: o Cantábrico e mailo Atlántico, que realmente son un só, porque tódalas fronteiras son inventadas].

- «M» de Mai [referencia á Igrexa [Mai e Mestra, que dicía o papa Paulo VI].

- «M» de María [referencia á Virxe, que tamén é Mai de tódolos que creemos en Xesús].

- «M» de Misión [razón de ser da Igrexa, desa Igrexa misioneira que quiere o papa Francisco, pero que xa nacera con esa vocación desde o principio].

- «M» de Misericordia, un dos nomes de Deus, unha das suas actitudes fundamentais, que ten que ser amén nosa.

- «F» de Ferrol [a segunda sé da diocese].

- «F» de Familia [a gran familia dos fillos de Deus, que somos os cristiáns].

- «F» de Fe [esa experiencia de relación con Deus que dá sentido á nosa vida].

- «F» de Forza [porque a fe é a nosa forza, é dicir, na nosa relación Deus topamos a nosa forza].

- «F» de Festa [porque temos moitos motivos para facer festa, para aledarnos, para compartir, para celebrar a Eucaristía, para agradecer].

- «+» de Cristo [cabeza e Señor da Igrexa].

- «+» da Fe [símbolo da fe cristiá].
 

Colores

Temos dúass versións:

- Negro e dourado [alguén nos dixo que as letras en negro poderían significar a escuridade do occidente e, de feito, a nosa diocese ocupa a parte máis occidental de Europa; e a cruz significa a luz, por iso ten color dourado, porque da cruz nos ven a luz; no oriente, ademáis, o color dourado fai referencia á eternidade].

- Azul marino e azul celeste:

a) «Azul marino» é azul do mar [xa nos hemos referido antes ós dos mares da nosa diocese].

b) «Azul celeste» é azul do ceo [o ceo é a nosa verdadeira meta; a Igrexa do cel é  a Igrexa definitiva, é a Igrexa trunfante].

Ás dúas letras e maila cruz conforman o logo institucional, a identidade corporativa da nosa Igrexa diocesana de Mondoñedo-Ferrol.