Aberto o prazo para a Confirmación de adultos na diocese

· Autor: Diocese

A cerimonia comunitaria terá lugar o 19 de maio na Catedral-Basílica de Mondoñedo

A cerimonia terá lugar o domingo 19 de maio na Catedral de Mondoñedo ás 17 horas e estará presidida polo bispo diocesano, monseñor Luis Ángel de las Heras Berzal, CMF.

O noso bispo e o secretariado para a o Catecumenado de Adultos anúncianos a próxima convocatoria para a celebración comunitaria do sacramento da Confirmación para aqueles adultos (a partir dos 21 anos) que están recibindo a catequese axeitada á sua idade.

Para a realizar a inscrición, enviade un WhatsApp ao 690 660 655 ou un correo electrónico a dcatequese@mondonedoferrol.org antes do 7 de maio, cubrindo o formulario que se enviará aos sacerdotes que así o soliciten.

Organiza a delegación de Catequese e o secretariado para o Catecumenado de Adultos.

Servicio Diocesano de Comunicación

@mondonedoferrol